Concello da Coruña

Concello da Coruña

S8 Venres 3 de xuño

Programación da 7ª Mostra de Cinema Periférico de A Coruña o venres 3 de xuño

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/06/2016

Xa rematou

Páxina web:

www.s8cinema.com

11.30 h - CGAI – Centro Galego de Artes da Imaxe

aulaCREA – EUGENI BONET

Perito en pantallas, proxeccións e bucles

Conferencia de Eugeni Bonet seguida de proxección con introducción a duo con Albert Alcoz.

 

Eugeni Bonet toca diversas teclas en cinema, vídeo e medios dixitais. Desde 1973, a súa actividade despregouse entre a reflexión e a práctica, e entre o marco das artes visuais e os da imaxe en movemento. Previamente á proxección de dúas das súas obras, comentará outros aspectos da súa traxectoria nunha conferencia ilustrada mediante documentos, demos e extractos dos seus filmesculturas, pezas de proxeccións múltiples e en bucle perpetuo; así como en referencia ao seu apego polo found footage e os refugallos audiovisuais, e polo azar, a desorde e as estruturas imprevisibles.

 

Incluye a proxección de: 133 (Eugeni Bonet e Eugenia Balcells, 1978-1979, 16 mm, 45 min), eGolem, una de miedo (Eugeni Bonet, 2007-2014 (work in progress), vídeo, 45 min)

 

 

17.30 h - Sala (S8) PALEXCO – Palacio de Congresos (Sala Municipal de Exposiciones)

SINAIS- XIANA GÓMEZ-DÍAZ

Sesión 2. Encontro co público

Moderado por Xacio Baño.

 

18.00 h - CGAI – Centro Galego de Artes da Imaxe

NICKY HAMLYN – Programa 1

O (S8) dará a benvida a Nicky Hamlyn, prolífico cineasta británico con máis de corenta filmes e vídeos no seu haber tras máis de catro décadas en activo. Do mesmo xeito que Raban, Hamlyn tamén foi membro da London Filmmakers’ Co-Op e é, ademais, investigador, articulista e editor de publicacións sobre cinema. Para a súa sétima edición, a Mostra comisariou un programa que busca reflectir a ollada deste autor cara ao cotián nas súas máis recónditas calidades plásticas –luz, sombra, cor, forma, transparencia–. Unha ollada que é á vez estrutural e espontánea, abstracta e pura, e na que se evidencia un uso persoal dos procesos e linguaxe cinematográficos: montaxe en cámara, filmación fotograma a fotograma e time lapse.

 

Guesswork (1979, 11 min)

Minutiae (1990, 1 min),

White Light (1996, 22 min)

Panni (2005, 3 min)

Object Studies (2006, 16 min)

Pro Agri (2006, 3 min)

Gasometers Part 3 (2015, 14 min)

Transits of Venus (2004-2012, 6 min)

 

*Sesión íntegramente proxectada en 16 mm.

 

20.00 h - Sala (S8) PALEXCO – Palacio de Congresos (Sala Municipal de Exposiciones)

STEPHEN BROOMER

Desde Toronto, a orillas del lago Ontario, Stephen Broomer despliega una febril actividad en torno al cine experimental. Además de ser autor de una rica filmografía, cultivada en la presente década, es conservador, investigador y profesor universitario. Este programa reune una parte de su trabajo en celuloide –pues también trabaja el vídeo– en la que el papel de la luz, el color y las texturas es sustancial. Películas fuertemente ligadas al lugar donde han sido filmadas, compuestas de múltiples capas en superposición, en las que la contemplación se une al gesto: rápidos barridos, colisiones y movimientos que retan al ojo, y que hacen imaginar al cineasta manejando la cámara como si ejecutara un cuadro de luz con las maneras del action painting. Obras destinadas al futuro lienzo de la pantalla, que en muchos casos pasan por concienzudas reelaboraciones que acentúan, disgregan o saturan sus trazos. Una búsqueda formal, la suya, que actua como pasaje hacia la inmersión soñadora en un entorno imaginado, lírico y fantasmal al que solo el cine es capaz de llevarnos.

 

Queen’s Quay (2012, 1 min)

Bridge 1A (2015, 2 min)

Balinese Rebar (2011, 3 min)

Memory Worked by Mirrors (2011, 2 min)

Wastewater (2014, 1 min)

Bridge 1B (2015, 1 min)

Conservatory (2013, 4 min)

Serena Gundy (2014, 3 min)

Snakegrass (2012, 1 min)

Bridge 1C (2015, 1 min)

Gulls at Gibraltar (2015, 3 min)

Landform 1 (2015, 2 min)

Christ Church - Saint James (2011, 7 min)

Brébeuf (2012, 10 min)

 

Sesión íntegramente proxectada en 16 mm.

 

20.30 h - CGAI – Centro Galego de Artes da Imaxe

SPECIAL SCREENING

Oleg y las raras artes (Andrés Duque, España, 2016, vídeo, 70 min).

O cineasta venezolano afincado en Barcelona Andrés Duque garda unha estreita relación co (S8) Mostra de Cinema Periférico dende a súa primeira edición. Por iso e pola delicada singularidade do seu último filme, a proxección de Oleg y las raras artes é unha ocasión especial e esperada para a Mostra. Un retrato do músico Oleg Karavaychuk, co que Duque parece purgar a intensidade persoal de Ensayo final para utopía, para despregar aquí unha mirada que capta e canaliza con xeito a singularidade do seu obxecto. En Oleg y las raras artes vemos tocar a Karavaychuk, vemos a súa cara, o seu corpo, as súas mans e os seus recordos cunha aparente simplicidade que tende sixilosamente ese feitizo sereno e amable que invade a quen ve a película. É o misterio do que hai detrás, nas marxes e no contraplano das imaxes de Duque, ese algo que traspasa cada plano e que consegue retratar con humanidade, e en profundidade espiritual, a tan excéntrica e xenial criatura.

 

22.45 h - Fundación Luis Seoane – Patio

DESBORDAMIENTOS - MARTHA COLBURN

Proxección + Sesión VJ Martha Colburn sonorizada en vivo por Jesús Guisado.

Colaxe animada, pintura, punk, subversión, sexo, morte e diversión. Así se pode empezar a falar do traballo da artista e cineasta estadounidense Martha Colburn, desde mediados dos 90 unha das figuras máis relevantes da animación experimental. Un imaxinario pop abarrotado e unha mordacidade incendiaria caracterizan os seus filmes, animacións frenéticas, anárquicas e violentas de calidades plásticas alucinatorias. A súa obra puido verse na Bienal de Venecia, Art Basel, o MoMA (que ten obras súas na súa colección), e en festivais como os de Sundance, Cannes e Róterdan. Colburn tamén colaborou con bandas e músicos como Deerhoof, Jad Fair, They Might Be Giants e Felix Kubin, entre outros, e realizou secuencias de animación para o filme The Devil and Daniel Johnston. Nesta ocasión poderemos ver unha selección dos seus traballos (en 16 mm e vídeo), e unha sesión de remestura de imaxes sonorizada en vivo pola electrónica analóxica de Jesús Guisado.

 

Evil of Dracula (EUA, 1997, 16 mm, 3 min)

Whats On? (EUA, 1997, 16 mm, 2 min)

Skelehellavision (EUA, 2002, 16 mm, 8 min)

There’s a Pervert in Our Pool! (EUA, 1998, 16 mm, 4 min)

Lift Off (EUA,1998, 16 mm, 4 min)

Secrets of Mexuality (EUA, 2003, 16 mm, 5 min)

Metamorfoza (Holanda, 2014, vídeo, 7 min)

Day of the Dutch (Holanda, 2015, vídeo, 5 min)

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión