Narra a vida, fóra do común, da francesa Séraphine de Senlis, unha muller nada en 1864 que foi pastora, logo ama de casa e, finalmente, pintora antes de afundirse na tolemia.
Para público en xeral
Dende o 25/10/2018 ata o 27/10/2018
Xa rematou
xoves 20:15, venres 20:15, sábados 17:15 e 20:15 h
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
3,00 euros (carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 euros)
Sesión das persoas espectadoras: sábado ás 17:15 h. Prezo único: 1,50 euros
Comezos de século XX. Séraphine Louis, de 42 anos, vive en Senlis limpando casas. O pouco tempo que lle sobra ocúpao pintando. É a muller da limpeza da Sra. Duphot, que lle aluga un piso a Wilhelm Uhde, un marchante alemán fascinado polos pintores modernos e inxenuos. Durante unha cea ofrecida pola Sra. Duphot, Wilhelm Uhde descobre un pequeno cadro que trouxera Séraphine uns días antes. Fascinado, cómprao e convence a Séraphine para que lle ensine outras obras súas.
De Martin Provost
Con Yolande Moreau e Ulrich Tukur
Francia, 2008 - 129 min - NRM 7 anos - Formato 35 mm
VENDA DE ENTRADAS
Media hora antes de cada función (só se quedan entradas dispoñibles)
VENDA ANTICIPADA
En conserxería, de luns a venres de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h; sábados de 10.00 a 13.00 h
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible