Concello da Coruña

Concello da Coruña

Shan Zha Shu Zhi Lian (Amor baixo o espiño branco)

Zhang Yimou regresa ao cinema intimista de "A lanterna vermella" ou aos filmes dos seus comezos para contar unha historia de amor inocente na China rural, cun certo paralelismo con "O camiño á casa".

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 20/04/2017, 21/04/2017, 22/04/2017

Xa rematou

Horario:

- xoves 20.15; venres 20.15 e 22.45 h e sábados 17.15 e 20.15 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3,00 € (carné xove, +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)

SESIÓNS DO ESPECTADOR: Venres 22.45 e sábado 17.15 h PREZO ÚNICO: 1,50 €

(os descontos aplicaranse logo da previa presentación do documento que acredite o desconto)

Jing, unha colexiala inxenua da cidade, débese trasladar a un remoto pobo na montaña para a súa reeducación, durante a Revolución Cultural.

O seu pai foi encarcerado por dereitista e a súa nai loita para alimentar os seus tres fillos. Jing sabe que tanto o seu futuro como o benestar da súa familia dependen do seu bo comportamento en opinión das autoridades. Abondaría cun erro para arruinar as súas vidas. Pero a súa prudente e tranquila existencia vese trastornada cando se namora de Sun, o encantador fillo dun militar de elite.

De Zhang Yimou

Con: Zhou Dongyu e Shawn Dou

China, 2010- 121 min (V.O.S. en castelán)

APTA PARA TODOS OS PÚBLICOS

Formato: 35 mm

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión