Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taller de financiamento de proxectos audiovisuais

Impartido por Puy Oria

A quen vai dirixido?:

Dirixido a persoas interesadas en coñecer como é o proceso completo de produción dunha obra audiovisual, dende o momento que xorde unha idea ata o día que chegamos a vela nunha pantalla de cinema, televisión, ordenador ou móbil.

Cando:

01/11/2014

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 25/09/2014 ata o 21/10/2014

Horario:

De 16.00 a 20.00 h.

Duración:

4 horas

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto con inscrición previa (prazas limitadas).

Requisitos:

Enviar o formulario de inscrición a corunafilm@coruna.es antes do 21 de outubro.

Documentos:

Formulario de inscrición (209 KB)

Realizarase unha análise do proceso completo de produción, diferenciando as diferentes maneiras de enfocar o deseño de calquera produción en función das necesidades específicas do proxecto que se queira levar adiante. Posteriormente, terase unha especial consideración cos elementos básicos comúns e imprescindibles e a súa definición (equipo técnico, artístico, provedores, etc.) así como unha revisión xeral das principais fontes financeiras no campo audiovisual.

Por último, realizarase un repaso xeral das fases de rodaxe e postprodución para concluír cunha rápida revisión da etapa de lanzamento e promoción do noso traballo.

Puy Oria é produtora executiva de Oria Films e presidenta de AMA (Asociación Madrileña Audiovisual). Entre as películas que produciu están De tu ventana a la mía, No tengas miedo, Obaba, Silencio roto, Escenario móvil ou La guerrilla de la memoria. Así mesmo figura como directora de produción en títulos como Un paraíso bajo las estrellas, Así es la vida, La ciénaga, Palabra y utopía ou Otilia rauda.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión