Taller de Rogelio López Cuenca
O taller está dirixido a estudantes ou profesionais do ámbito da arte, socioloxía, antropoloxía, historia, arquitectura, urbanismo, cinema etc., e en xeral a todas aquelas personas interesadas no entendemento da cidade como espazo de reflexión crítica.
As persoas participantes poden traer o seu equipo técnico persoal, como ordenadores portátiles ou cámaras.
MATERIAIS: a organización proporcionará o espazo de traballo e os materiais que requiran o director do taller e os directores do proxecto.
PROCESO DE SELECCIÓN:
Aberto aos perfís anteriormente citados, principalmente do ámbito coruñés, galego e do estado español.
As persoas participantes serán seleccionadas polo director do taller e os directores do proxecto. O taller estará composto por 15 participantes.
O prazo para a recepción de solicitudes cérrase o 14 de outubro.
A organización contactará coas persoas seleccionadas o 15 de outubro.
SOLICITUDE:
Presentar solicitude en liña en capitalcivico@gmail.com.
Documentos para incluír:
Datos persoais e de contacto
CV actualizado
Breve texto (máximo 500 palabras) no que se explique que interese move a persoa candidata a participar no taller e as súas consideracións sobre o el.
Opcional: imaxes / documentos / textos de referencia, de traballos ou investigacións recentes.
Descartaranse todas aquelas solicitudes que non inclúan a documentación anterior.
Para público en xeral
Dende o 23/10/2017 ata o 27/10/2017
Xa rematou
Ata o 14/10/2017
10.00 a 14.00 h (tardes para traballo de campo)
As cidades en que vivimos constitúen complexas estruturas que transcenden as nosas operacións cotiás. Moi ao contrario, o espazo urbano impónsenos como unha poderosa superestrutura económica, política e social.
Por iso, non é casualidade que as experiencias de arte crítica tivesen con frecuencia como obxectivo un crucial escenario en permanente litixio na cambiante cara das cidades: a rúa, ou o espazo público - entendido este non só na súa dimensión física, senón tamén simbólica e lingüística, e en definitiva, política.
Pero, de que modo poden as prácticas artísticas evitar ser engulidas polo continuo fluír das imaxes da cidade-espectáculo e non acabar funcionando como un elemento máis da neutralización que persegue o turismo global? Como ensaiar estratexias que poidan achegar certos quebros para, se cadra, transformar estes espazos de pulsión que denominamos cidades?
A Coruña é un istmo rodeado de mar. A historia da cidade está inextricablemente unida ao seu enclave xeográfico, e a medida que se produce a expansión mercantil e demográfica do pasado século, a procesos e negociacións de toda índole para impoñerse e gañar terreo ao mar. O actual contorno da Coruña é unha sucesión intermitente de restos arqueolóxicos e episodios de certo relato truncado da modernidade, sobre os que a cidade se consolida e proxecta o seu crecemento.
TALLER
Se toda cidade é unha exposición pública de efemérides e monumentos, do botín acumulado polos sucesivos vencedores ao longo da historia, non o é menos un depósito de casos non resoltos, un arquivo das páxinas descartadas da memoria oficial. Ao longo de toda a súa traxectoria, o artista Rogelio López Cuenca traballou na elaboración de 'contramapas' e sinalizacións intrusas en cidades como Roma, Madrid, Valparaíso, Lima, São Paulo, México ou Valencia, que funcionan como manuais de desvíos e encrucilladas, proxectos centrados na análise das omisións e ausencias que subxacen no espazo regrado da cidade.
'Xeografía, memoria e capital cívico' é un proxecto dirixido por López Cuenca que pretende delimitar unha xeografía 'outra' da cidade da Coruña, mediante o trazado de itinerarios que observen diversas problemáticas que normalmente son contempladas dun modo illado, e que pretenden certificar a realidade de certo mapa do cotián en relación a aqueles procesos globais dos que son tanto consecuencia como protagonistas.
Un itinerario alternativo que propón desenredar a madeixa da historia local a partir do amplo contexto que ofrece o litoral da cidade, e en especial a franxa marítima que comprende desde o antigo porto pesqueiro situado na Mariña ata os estaleiros de Oza, cerrado á cidadanía nos últimos tempos, e cuxas transformacións no ámbito da economía produtiva, o urbanismo e a memoria esixen unha reflexión de calado sobre o seu presente e as súas posibilidades futuras.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible