Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de febreiro de 2024

A cantante catalana Sílvia Pérez Cruz actuará no Teatro Colón o 24 de maio

Este mércores activouse a venda de entradas de cara á actuación da cantautora catalana, que presentará na Coruña o seu traballo ‘Toda la vida, un día’

Este mércores saíron á venda as entradas para o concerto que a cantautora catalana Sílvia Pérez Cruz interpretará no Teatro Colón o vindeiro 24 de maio (21.00 horas), no que a compositora presentará o seu último traballo 'Toda la vida, un día'.

Pérez Cruz, gañadora do Premio Nacional de Músicas Actuais no ano 2022, é unha das voces emerxentes na escena musical ibérica e latinoamericana. De carácter versátil, toca de preto o xénero clásico e o jazz, achegándose tamén ao flamenco.

'Toda la vida, un día' remóntase a marzo do ano 2020, cando comezou a darlle forma cun traballo dun ano a cabalo entre cidades como Barcelona, Madrid, Bos Aires e A Habana, entre outras. Trátase dunha obra en cinco movementos que convida a reflexionar sobre as diversas etapas da existencia, recreando así a vida enteira a través da infancia, mocidade, madurez, vellez e renacemento.

As entradas para o concerto do 24 de maio no Teatro Colón xa se poden adquirir a través da páxina web de Ataquilla, así como no despacho de billetes do IMCE na praza de Ourense.

Este concerto forma parte da ampla programación musical organizada para este ano polo Goberno de Inés Rey co obxectivo de potenciar á cultura musical na cidade e de promover á Coruña como destino de ocio e cultura.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión