Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de abril de 2024

A mostra ‘De Braga á Coruña nun trazo’, aberta á cidadanía na Casa Museo Picasso

Gonzalo Castro, concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade, presentou a exposición xunto ao comisario, Manel Cráneo

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, presentou esta mañá a mostra 'De Braga a Coruña nun trazo', que queda aberta á cidadanía desde hoxe na Casa Museo Picasso. O edil estivo acompañado do comisario da mostra, Manel Cráneo.

A mostra reúne a dez ilustradores coruñeses e outros tantos bracarenses nun intercambio creativo entre cidades. Os participantes ilustraron dez iconas representativas de cada unha das urbes tocando diferentes aspectos culturais: historia, lendas, gastronomía, arquitectura, música, artesanía, tradición, artistas, artesanía e o concepto da cidade no futuro. Dez temas arredor de cada cidade ilustrados polos coruñeses Alberto Taracido, Diego Burdio, Paula Estebán, Xulia Pisón, Jano Viñuela, Jorge Peral, Luis Sendón, Santy Gutiérrez, Suso Cubeiro e Manel Cráneo e os portugueses Raquel Costa, Sebastião Peixoto, Sergio Ribeiro, Soraia Oliveira, Tiago Lourenzo, Zita Pinto, Ángela Vieira, Pedro Simões, Diogo de Sousa, André Soares, Carlos Giovani, César Figueiredo.

"A Coruña é un referente cultural e no sector da ilustración, contando con autores e autoras de gran prestixio aos que o Goberno de Inés Rey quere dar espazos como esta Casa Museo Picasso para amosar á cidadanía a súa obra", indicou Gonzalo Castro. A exposición xurde da colaboración en 2022 entre o festival Braga em risco e a plataforma Coruña Gráfica. 

A mostra estivo comisariada polos ilustradores portugueses Pedro Seromenho e Marta Madureira e na súa parte coruñesa por Manel Cráneo. A exposición, que supuxo a internacionalización do festival de ilustración portugués en 2022, será tamén a primeira colaboración internacional que chega a Coruña a través da plataforma autoral coruñesa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión