Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de abril de 2024

A sala O Túnel do Coliseum acolle unha nova edición do Festival En Directo

Cinco grupos emerxentes dos locais de ensaio municipais ofrecen un concerto gratuito o vindeiro venres

O vindeiro venres, 12 de abril, terá lugar unha nova edición do Festival En Directo. Unha xornada musical producida desde os Locais de Ensaio, sumándose a outras actividades impulsadas polo Goberno de Inés Rey como os 'Directos nos barrios' co obxectivo de dar a coñecer os grupos emerxentes do panorama local.

O cartel deste Festival en Directo estará conformado por cinco grupos noveis usuarios dos locais de ensaio. O Indie-Rock de "Experimento Basement" e "O Conto de Sempre", o Metal de Hell´s Heaven, ou as propostas máis eclécticas a cargo de "JPG" e "Roda Door" están a pulirse nos últimos ensaios previos os seus concertos.

A Sala O Túnel do Coliseum acollerá o evento, que dará comezo ás 20.00 horas. Para asistir, as persoas interesadas poderán descargar, de balde, as súas invitacións a través da web coruna.gal/mocidade.

Máis de 25 bandas locais teñense xa inscrito para o inminente comezo dun novo semestre de ensaios nestes Locais de Ensaio, de uso gratuíto para a mocidade coruñesa. Os grupos que o desexen todavía están a tempo de descargar a súa solicitude a través de locaisdensaio.blogspot.com.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión