Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de octubre de 2019

Celemín recibiu no concello as agrupacións musicais do IV Encontro Internacional de Música de Pulso e Púa

O edil de Cultura destacou a oportunidade que a cita ofrece estes días para achegarse a culturas sonoras de todas as partes do mundo O ciclo inclúe 25 actuacións do 1 ao 6 de outubro de grupos e cantautores procedentes de Colombia, Portugal, Chile, Rusia e España

Esta mañá o concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, recibiu os grupos musicais que participan no IV Encontro Internacional de Música de Pulso e Púa, que se está a realizar estes días en distintos escenarios da cidade e da provincia coruñesa. O edil de Cultura falou da consolidación dunha cita que en cada entrega amplía o seu radio de acción e chega este ano a oito concellos máis da provincia da Coruña: Arzúa, Bergondo, Betanzos, Carral, Culleredo, Negreira, Noia e Oleiros, cun total de 25 actuacións. Tamén agradeceu o esforzo da Asociación Pórtico das Artes por reunir unha selección de música de nacionalidades diferentes. A súa presidenta, Rosa González, lembrou que a iniciativa naceu dunha suma de vontades e "cun forte apoio institucional para realizar esta viaxe sonora polos pobos do mundo". González remarcou a perspectiva de xénero que engloba o evento nesta edición "que conta con tres grupos musicais formados por mulleres: Andrea Andreu M., as fadistas Cristina e Vera Lima; e Irina Kazimirskaya e Natalia López, de Dúo dos Púas, nun intento de aproximación ao mundo feminino que cada vez está máis presente nesta sociedade".

Foi nun acto no Salón de plenos do consistorio, onde as agrupacións participantes foron agasalladas con pequeno obsequio do concello: Dúo Sonoridades, de Colombia; o Dúo Dos Púas, de España e Rusia; as portuguesas María Quê e o grupo Cançao de Coimbra e Fado de Lisboa; e a chilena Andrea Andreu M. tocarán todos xuntos nunha jam session o día 5, no Sporting Club-Casino, e na gala de clausura o 6, no Teatro Rosalía. Ao acto tamén asistiron Carlos Andres Quintero & Francisco Rivera, Trío que Chora de Sao Paulo de Brasil, Dúo dos Púas da Rioja, e a Asociación Esmeralda de Logroño.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión