Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de febreiro de 2024

Concello e Xunta impulsan a declaración BIC para a protección dos murais de Lugrís na rúa Olmos

Búscase así darlles a máxima protección patrimonial baixo o interese común de garantir a súa integridade, a súa permanencia na cidade e o acceso público

O Concello da Coruña e a Xunta de Galicia impulsan a declaración BIC para a protección dos murais de Urbano Lugrís na rúa Olmos. A Xunta prepara a incoación do expediente para declarar Ben de Interese Cultural (BIC) a serie de murais utilizando  tamén os informes desenvolvidos a este respecto polo Concello e que remitiu no día de onte logo de conversas entre ambas as administracións. 

Representantes da Concellaría de Cultura, Educación, FP e Universidades e do Concello da Coruña estiveron en contacto nas últimas horas para traballar en común neste asunto, coincidindo ambas na súa relevancia e interese para A Coruña e para Galicia. Co obxectivo de impulsar dita declaración, a Consellería púxose en contacto co Concello para solicitar a documentación dispoñible, avaliar a declaración e avanzar na mesma. O Concello ofreceu a súa máxima colaboración para a conservación dos murais.

Os técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural xa están a analizar a documentación remitida por parte do Concello, que unirán á que xa ten o propio Goberno autonómico, co fin de proceder a incoar a declaración BIC deste conxunto do artista coruñés.

Deste xeito, búscase dar a máxima protección patrimonial a estas obras baseándose no seu valor artístico e orixinalidade, tendo en conta ademais o interese común por manter as obras na cidade da Coruña, a importancia de que non se disgreguen e se manteñan xuntas no futuro, no marco do actual proceso concursal en marcha, así como a posibilidade de que sigan sendo públicas, garantíndolle o acceso á cidadanía en calquera situación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión