Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de marzo de 2024

Gonzalo Castro visita o expositor co que participa Hugo Gómez-Chao Porta en Arco 2024

O Goberno de Inés Rey amosa o seu compromiso constante co sector cultural da cidade e cos artistas coruñeses e coruñesas

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, visitou esta mañá, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o expositor co que participa Hugo Gómez-Chao Porta na Feira Internacional de Arte Contemporáneo de España, Arco. 

O proxecto  'Ungüentos: Restos, rotos e remedios' que desenvolveu o músico coruñés  xunto aos seus compañeiros Raquel Buj e Abel Jaramillo é unha peza audiovisual baseada na complexidade ecolóxica das nosas pezas de vestir. As receitas dos ungüentos que Ovidio compendia en Cosméticos para o rostro feminino transfórmanse en pezas, segundas peles, a través da experimentación biomaterial reimaginando un horizonte estético máis aló do canon antropocéntrico da modernidade. A música está composta por Hugo a partir de fragmentos das súas obras "recitativo y aria" (2018) e "libro delle immagini" (2022/23), baseada na Metamorfos de Ovidio.

O Goberno de Inés Rey amosa o seu compromiso constante co sector cultural da cidade e cos artistas coruñeses e coruñesas. Froito desa colaboración, o Concello destinou o ano pasado 180.000 euros en axudas ao tecido artístico local, promovendo a creatividades no eido das artes escénicas, plásticas e musicais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión