Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de marzo de 2024

Milladoiro celebrará os seus 45 anos de historia cun concerto especial na Coruña

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, presentou o aniversario que terá lugar o vindeiro 19 de maio no Palacio da Ópera, con entradas dende 12 euros máis gastos de xestión

O lendario grupo de folk galego Milladoiro celebra este 2024 o seu 45º aniversario cun concerto especial na Coruña. O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, presentou o evento acompañado por integrantes do grupo e da promotora Thinking Up Events, que terá lugar o vindeiro 19 de maio no Palacio da Ópera.

"Todo comezou nunha cafetería da rúa Feijóo, onde se decidiu o nome da banda, e tivo o seu lanzamento definitivo co concerto nos Salesianos, o 15 de maio de 1979", sinalou Gonzalo Castro na súa intervención. O debut de Milladoiro foi na cidade da Coruña, no Auditorio dos Salesianos e organizada polo Ateneo. 45 anos despois ofrecen un recital especial cun repertorio único e que non podería ter mellor localización que a cidade que os viu nacer. A banda, formada actualmente por Xosé V. Ferreirós, Nando Casal, Moncho García, Harry.c, Manú Conde e Manuel Riveiro.

A banda recibiu recoñecementos senlleiros como o Pedrón de Ouro, concedido polo Padroado Rosalía de Castro no ano 1985, o premio Goya á mellor banda sonora orixinal, por "La Mitad del Cielo" en 1986; o premio da Música concedido pola SGAE e AIE; a Medalla Castelao da Xunta de Galicia (2004); e a Medalla de Ouro de Galicia (2012).  Entre os escenarios que visitou a banda ao longo dos anos destacan a Cathedral of St. John the Divine de Nova York, a Casa Internacional da Música de Moscú, ou o Ryutsu Center de Tokio, entre outros moitos. "A cidade na que naceu a bandeira e se xestou o himno do noso país tamén foi crucial na traxectoria dun grupo musical esencial na recuperación e difusión da nosa tradición musical", sinalou Gonzalo Castro.

Este concerto súmase a outras citas programadas polo Goberno de Inés Rey como o ciclo Folk no Colón ou o concerto de fin de xira das Tanxugueiras no Coliseum, apostando pola música galega.As entradas, dende 12 euros máis gastos de xestión, poderán mercarse a través de ataquilla.com ou no despacho de billetes da Praza de Ourense.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión