Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de febreiro de 2024

O cantante Antonio Barros, convidado especial do concerto da Banda Municipal que terá lugar este xoves 29 no Ágora

O artista, oriúndo de Tameiga (Mos), será o protagonista dunha actuación na que o público asistente poderá gozar cunha programación inspirada na música de verbena

A Banda Municipal de Música da Coruña (BMMC) volve este xoves 29 ao Centro Sociocultural Ágora, cun concerto, 'Verbena sinfónica', no que a agrupación estará acompañada polo cantante de orquestra galego Antonio Barros.

Barros, que comezou o seu percorrido artístico na orquestra Los Trovadores de A Coruña, integrou posteriormente as formacións Miramar, Stelares e Kubo, sendo recoñecido tamén pola súa participación en diversos realities e talent-shows musicais da Televisión de Galicia. Actualmente, compaxina a súa faceta como solista en verbenas cun novo proxecto, o dúo Antonio Barros e iAlma.

"Será unha velada amena e divertida, na que teremos o privilexio de contar coa presenza dun artista emerxente na escena musical galega", expón Juan Miguel Romero Llopis, director titular da Banda Municipal. O feito de actuar conxuntamente con Barros reforza unha das liñas estratéxicas marcadas pola agrupación nesta tempada: a de achegarse a un abano máis amplo de xéneros musicais.

Como xa é habitual, o concerto da Banda Municipal e Antonio Barros, ideado para a asistencia de todos os públicos, será de acceso libre ata completar a capacidade prevista no auditorio.

A actuación deste xoves no Ágora (20.00 horas) forma parte da programación do Ciclo de Inverno da Banda, que dá continuidade ao plan establecido polo Goberno de Inés Rey co obxectivo de dar a coñecer o traballo e tradición da BMMC nos barrios, unha folla de ruta a través da que se están a impulsar as actuacións da Banda nos centros cívicos municipais e no Ágora, ademais do Teatro Colón.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión