Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de agosto de 2018

O Concello convoca a XV edición do concurso de fotografías de viaxes para xente moza ‘Viaxarte’

As imaxes, que poden presentarse ata o 3 de setembro, estarán expostas durante o mes de outubro na sala Plataforma14

A Concellaría de Participación e Innovación Democrática, a través do Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), convoca a XV edición do concurso de fotografía de viaxes Viaxarte, que está destinado a mozos e a mozas residentes en España con idades comprendidas entre 15 e 30 anos. A fotografía e serie fotográfica que gañen o concurso serán premiadas con viaxes ás principais capitais europeas. Ademais, as imaxes premiadas, xunto cunha selección das presentadas ao certame, serán editadas nun catálogo.

As fotografías presentadas a este concurso, que teñen que estar relacionadas coa temática viaxeira, estarán expostas durante o mes de outubro na sala Plataforma14. O xurado valorará nelas tanto a proposta expresiva e a correción técnica como a capacidade evocadora da imaxe. O prazo de admisión de orixinais abrirase esta semana, tras a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia, e manterase aberto até o 3 de setembro ás 13.30 horas. Toda a información sobre o concurso está dispoñible no Centro Municipal de Información Xuvenil (Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos, 1) ou no teléfono 981 184 294. As bases completas do concurso pódense consultar na web www.coruna.gal/cmix

Viaxarte enmárcase dentro do programa de turismo xuvenil Móvete, posto en marcha o pasado ano pola Concellería e que engloba as iniciativas da área municipal de mocidade arredor da temática de viaxes. Para máis información, pode consultarse a páxina web do programa, www.coruna.gal/movete

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión