Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de abril de 2024

Gonzalo Castro, concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade, destacou os avances cara á igualdade do Goberno de Inés Rey no ámbito cultural

O Concello promove a sétima edición do ciclo de concertos Elas Son Artistas

As actuacións terán lugar do 11 de abril ao 16 de novembro nos diferentes municipios da área metropolitana e tres salas da cidade

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, presidiu esta mañá a presentación do sétimo ciclo de concertos Elas Son Artistas, que terá lugar en oito municipios da área metropolitana da Coruña entre o 11 de abril e o 16 de novembro. O edil estivo acompañado por Tomi Legido, director do ciclo, representantes dos distintos concellos participantes, colaboradores e artistas. A presentación tivo lugar no Teatro Colón, escenario que acollerá unha das primeiras actuacións; a de Maika Makovski do xoves 18 de abril, cuxas entradas xa están a venda.

O ciclo desenvolverase, no termo municipal da Coruña, en distintas localizacións e en tres emblemáticas salas de concertos: Jazz Filloa, Garufa Club e Sala Mardi Gras. Gonzalo Castro destacou o traballo levado a cabo polo Goberno de Inés Rey en materia de igualdade no ámbito cultural. "Durante estes cinco anos temos programado numerosos eventos de gran formato como foi, por poñer un exemplo, o concerto de Tanxugueiras no Festival Noroeste Estrella Galicia", indicou Castro.

O ciclo comezará o vindeiro xoves 11 de abril na sala Mardi Gras coa actuación da venezolana Georgina, unha das artistas internacionais que integran esta edición de Elas Son Artistas. Tras o concerto de Maika Makovski, a seguinte actuación na cidade será o xoves 30 de maio, na sala Mardi Gras, coa actuación de Hannah Aldridge (EEUU). Ademais das tres salas de concertos citadas, o Concello tamén cederá a Casa Museo Casares Quiroga para levar a cabo un obradoiro de iniciación á ilustración, impartido por Paula Mayor. Será o martes 16 e o mércores 17 de xullo. Ese mesmo mércores a praza de Azcárraga acollerá unha actuación de Cora Velasco, acompañada dunha sesión de pintura ao vivo.

Xa no mes de agosto haberá unha exposición de María Maquieira na Casa Museo María Pita. Durante o acto precisouse que aínda faltan por anunciar como mínimo dúas actuacións máis na cidade, entre elas unha no Jazz Filloa. O venres 4 de outubro, no Garufa Club, será a actuación de La Mare, pechándose o ciclo o sábado 16 de novembro na Sala Mardi Gras cun concerto de Las Antonias.

Gonzalo Castro destacou a importancia de manter ciclos de éxito coma este, cunha asistencia acumulada de máis de 20.000 persoas. "O talento feminino e o seu recoñecemento por parte do público vai en aumento e así o demostra Elas Son Artistas", apuntou.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión