22 de decembro de 2015
O sorteo, que se levou a cabo no Fórum Metropolitano, foi necesario debido a que as 1.462 solicitudes que se recolleron superaron as prazas ofertadas
Na mañá de onte procedeuse ao sorteo para a asignación de prazas de figurantes na Cabalgata de Reis 2016, así como a distribución de postos. A web municipal publicara na documentación adxunta a relación de solicitantes que, finalmente, participarán.
O sorteo, que se levou a cabo no Fórum Metropolitano, foi necesario debido a que as 1.462 solicitudes que se recolleron superaron as prazas ofertadas. O número agraciado no sorteo foi o 0873. Partindo desa numeración, distribuíronse as primeiras 278 solicitudes de figurantes sentados e as 90 de figurantes a pé.
Finalizada a adxudicación, nos próximos días comunicaráselle as persoas interesadas --mediante correo electrónico ou por teléfono-- a súa situación na cabalgata, así como a información necesaria para participar nela: lugar e horario de presentación do día 5 de xaneiro e horario e forma de recollida dos e das menores na praza de María Pita, unha vez finalizado o evento.
Listado de figurantes sentados para a Cabalgata de Reis (135 KB)
Listado de figurantes de pé para a Cabalgata de Reis (88 KB)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible