Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de abril de 2024

A alcaldesa presentou a séptima edición que terá lugar entre o 9 e o 19 de maio en diferentes puntos da cidade

O CoruFest consolídase como o festival de artes escénicas LGTBIQ+ máis importante do Noroeste

Inés Rey: “A Coruña é unha cidade diversa e aberta e dende o Concello queremos abrir esa esencia aos nosos recintos municipais”

A séptima edición do festival CoruFest terá lugar entre o 9 e o 19 de maio en diferentes puntos da cidade. Así o anunciou esta mañá a alcaldesa, Inés Rey, na presentación da nova edición e destacou a súa consolidación como o festival de artes escénicas LGTBIQ+ máis importante do Noroeste. "Dez días de programación cultural que son a mellor antesala para o inicio das celebracións do orgullo e que forman parte, tamén, da nosa 'Cultura de Vivir' coa que este ano nos presentabamos" sinalou a alcaldesa.

Rey, acompañada de Xosé Leis e Gustavo del Río, directores do Festival, deu a coñecer a programación deste ano, na que destaca o enlace internacional coas portuguesas Margarida Monteny e Carminda Soares e o chileno Felipe Rivas, cunha exposición sobre a Intelixencia Artificial. Ademais, o Premio Nacional de Literatura Dramática, Alberto Conejero, ofrecerá un encontro literario. Tamén estará Telmo Irureta, galardoado como Mellor actor revelación nos Premios Goya 2023 por 'La consagración de la primavera', que debutará coa súa primeira obra teatral 'Sexpiertos', codirixida con Kepa Errasti e que protagoniza con Aitziber Garmendia. Leis e Del Río agradeceron a colaboración do Concello da Coruña e a aposta pola programación cultural dende unha perspectiva inclusiva.

Os directores tamén sinalaron a aposta polos artistas galegos, na liña dos anos anteriores. Destaca o espectáculo 'Ceibe' da compañía Fran Sieira ou 'Elahood' de Sabela Domínguez e Julia Laport. "Á dinamización cultural sumamos o apoio e recoñecemento á diversidade, algo que forma parte tamén da nosa propia historia como cidade de referentes LGTBIQ+ como Elisa e Marcela ou Tomás Fábregas" sinalou a alcaldesa. As entradas para os espectáculos están dispoñibles a partir de hoxe a través de Ataquilla.com.

PROGRAMACIÓN DO CORUFEST 2024

Xoves 9

12.00 horas | Exposición 'Cuir imaginario' de Felipe Rivas | Casares Museo Casares Quiroga | Ate o 30/05/2024

20.30 horas | Elahood, de Sabela Dominguez e Julia Laport | Centro Sociocultural Ágora

Venres 10

19.00 horas | Encontro literario con Nando López | Centro Sociocultural Ágora

Sábado 11

12.00 horas | Firma de libros de Nando López | Galgo Azul

20.30 horas | Podcast do CORUFEST, Xanela 'Igualdade, sexualidade e identidade' | Centro Sociocultural Ágora | Con Jazmín Beirak, Daniel Tigrillo, Jimena González, María Reimóndez e Nando López

Domingo 12

20.30 horas | IF (La Ligereza), da Compañía Del Señor Smith | Teatro Rosalía

Luns 13, martes 14

16.00 - 20.00 horas | Obradoiro 'Performar a disidencia', con Álvaro Caboalles | Fundación Luís Seoane

Mércores 15

16.00 - 20.00 horas | Obradoiro 'Performar a disidencia', con Álvaro Caboalles | Fundación Luís Seoane

20.30 horas | Encontro sobre políticas LGTBIQ+ con Julio del Valle de Íscar

Xoves 16

16.00 - 20.00 horas | Obradoiro 'Performar a disidencia', con Álvaro Caboalles | Fundación Luís Seoane

20.30 horas | Ceibe, da Compañía Fran Sieira | Teatro Rosalía

Venres 17

12.00 horas | Encontro literario con Miriam Beizana | Centro Sociocultural Ágora

18.30 horas | Mostra do obradoiro Álvaro Caboalles | Fundación Luís Seoane

19.00 horas | Encontro literario con Alberto Conejero | Centro Sociocultural Ágora

20.30 horas | Simulacro, de Margarida Monteny e Carminda Soares | Teatro Colón

Sábado 18

12.00 horas | Entrega do premio Samuel Luiz - Carla Antonelli | Galgo Azul

18.00 horas | Firma de libros con Alberto Conejero | Galgo Azul

20.30 horas | 'Sexpiertos', de Tanttaka Teatroa en Teatro Colón

Domingo 19

13.00 | Domingo da Seoane | Concerto de Leria | Fundación Luís Seoane

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión