Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de abril de 2024

Preto de 200 persoas participan nos obradoiros gratuítos polos Días Europeos da Artesanía

O Ágora acolle hoxe a xornada ‘Oficios en Acción 2024’, promovida pola Asociación Galega de Artesáns en colaboración co Concello da Coruña

O Centro Sociocultural Ágora acolle durante o día de hoxe a xornada 'Oficios en acción 2024', organizada pola Asociación Galega de Artesáns en colaboración con Artesanía de Galicia en colaboración co Concello da Coruña. A actividade enmárcase na celebración dos Días Europeos da Artesanía 2024 co obxectivo de poñer en valor os oficios artesanais en Galicia.

Dende as 11.00 horas desta mañá, preto de 200 persoas participaron na decena de obradoiros gratuítos programados, xunto con dúas actividades de demostración de elaboración artesanal en xoiaría e talla de vidro. Os obradoiros, dirixidos na súa maioría ao público infantil, estiveron a cargo de profesionais da artesanía en Galicia, dando a coñecer os diferentes oficios e materais. A concelleira de Turismo, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, acompañou aos participantes na xornada e trasladoulle os parabéns á Asociación Galega de Artesanía pola organización.

Durante a xornada realizaranse diversas demostración de oficios a cargo de Manuel Villares, de A Feitura, e Eugenio Soto, de Corman. Ademais ofrécense unha escolma de obradoiros gratuítos en diferentes disciplinas e orientadas a un público diferente, segundo a dificultade e instrumentos a utilizar. Entre eles destaca o obradoiro de remate de cantos en coiro con Isaac Romero, de "Coiraxe". Un obradoiro técnico onde se traballarán diferentes remates de cantos de coiro. Ademais, realízanse tamén pequenos obradoiros de diferente tipo por quendas, dende modelado de barrio, xoiraía ou impresión téxtil.

Coa programación das actividades, o Goberno de Inés Rey avanza na dinamización dos recintos culturais e a posta en valor do patrimonio cultural galego, fomentando o coñecemento e uso da artesanía de Galicia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión