Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Educación

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Publicadas as listaxes definitivas de Idiomas do mundo 2019

Cuándo:

3 de mayo de 2019

Publicáronse as listaxes definitivas de persoas excluídas e as de admitidas, de agarda e excluídas por idiomas e ábrese ata o mércores 8 de maio o prazo de aceptación ou renuncia.

Publícanse as listaxes definitivas do programa Idiomas do mundo 2019 consonte coa cláusula 50ª das bases do programa: "A proposta de resolución definitiva recollerá, se procede, as alegacións presentadas. Non se realizarán comunicacións individuais fronte ás mesmas. Emitirase pola Xefatura de Servizo de Educación e incluirá as seguintes relacións definitivas, unha para cada idioma:

a.  Alumnado seleccionado (tantos como prazas se oferten no programa), sinalando ás/aos que se lle concedese bolsa total e a contía do custe da praza que lles corresponda aboar ás restantes persoas seleccionadas.

b.  Alumnado que, cumprindo os requisitos, non acade o número de orde que lle permita participar no programa por exceder do número de prazas correspondentes a cada idioma, que constituirán as listaxes de agarda. As persoas seleccionadas nalgunha das listas, se é o caso,  non figurarán na listaxe de agarda do outro idioma. As persoas non seleccionadas poderán figurar en máis dunha listaxe.

c.  Alumnado que non cumpre os requisitos para participar no programa, con expresión sucinta da causa da súa exclusión.

Asemade na cláusula 53ª sinala que: "Unha vez publicada a resolución definitiva, as persoas seleccionadas disporán dun prazo de 5 días naturais para a súa aceptación ou renuncia, que deberá ser comunicada por escrito ao SME a través dos rexistros municipais ou en calquera das dependencias a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Transcorrido o dito prazo sen que se produza comunicación, entenderase que renuncia á súa participación no programa. De se presentar a comunicación nalgún rexistro non municipal remitirase copia escaneada da mesma (co selo de rexistro de entrada) por correo electrónico ao SME (educacion@coruna.es)."

O prazo de aceptación ou renuncia remata o mércores 8 de maio.

E segundo a cláusula 56ª: "As persoas solicitantes incluídas nas listaxes de agarda substituirán, por orde de puntuación, ás seleccionadas que renuncien á súa participación no programa. Estas persoas serán informadas por correo electrónico para que, nun prazo de 24 horas, acepten a praza vacante. Transcorridas as ditas 24 horas sen que conste a aceptación ou renuncia por correo electrónico, a praza será ofrecida á seguinte persoa na listaxe de agarda."

Asemade, unha vez rematado o prazo de aceptación ou renuncia das persoas seleccionadas e das posibles substitucións nas listaxes de agarda, o Servizo Municipal de Educación ofertará a praza vacante de alemán entre ás persoas solicitantes doutros idiomas que non foran asignadas, sempre que cumpran os requisitos para ese idioma.

Programa al que pertenece

  • Idiomas del mundo

    El programa educativo "Idiomas do Mundo"ofrece la oportunidad al alumnado de 4º de la ESO y 1º de Bachillerato, de realizar una actividad de inmersión lingüística en el verano de 2019, en inglés, portugués, francés o alemán, con el objetivo de mejorar la competencia en alguna de las lenguas europeas más habladas en el mundo y poder acreditar de modo oficial el nivel alcanzado consonante el Marco Común Europeo de Referencia para las Lenguas (MCERL). 

    Más información
  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?