Concello da Coruña

Concello da Coruña

Publícanse as listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas no programa Acoreuropa VIII

Cando:

21 de xaneiro de 2019

As persoas admitidas realizarán unha entrevista de valoración persoal os días 23 e 24 de xaneiro de 2019

Publícanse as listaxes definitivas das persoas admitidas e excluidas para participar na seleción das 11 bolsas do programa de bolsas  FP-Proxecto Acoreuropa VIII ,  organizado pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña, en convenio co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados.

As persoas admitidas realizarán unha entrevista de valoración persoal os días 23 e 24 de xaneiro de 2019, segundo o calendario que aparece xunto coas listaxes.

Se algunha das persoas admitidas se atopa no extranxeiro ou fóra da Península ou por motivos laborais, non pode realizar a entrevista no día e hora previstas, terá que poñerse en contacto co Servizo Municipal de Educación, a través do correo educacion@coruna.es ou no teléfono 981 184 200 extensión 12038, para realizar a entrevista por teléfono ou skype, ou concertar unha nova cita presencial.

A publicación da listaxe provisional de persoas seleccionadas e a listaxe de agarda será publicada a partir do 28 de xaneiro.

Documentos relacionados

  • Acoreuropa VIII: lista definitiva persoas admitidas-excluídas (224 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión