Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Coruña contra o cambio climático 2023-24

O clima é un caos no que distintas variables se retroalimentan. Da súa complexísima interacción xorden moitas incertezas e escasos elementos claros. O efecto invernadoiro e a tendencia ao quecemento poden definirse polo aumento do CO2, pero tamén pode facerse a través doutros elementos antagónicos, como a neve e o reflexo da luz solar sobre a súa superficie. Un exemplo deste caos é o que ocorre co ozono. A súa valiosa contribución na estratosfera convértese nun perigoso contaminante na troposfera, a máis influente nos procesos da vida terrestre. Pero mesmo neste caos aparecen algunhas variables diáfanas: as emisións de CO2 son as maiores contribuíntes ao cambio climático e as actividades humanas son as responsables do sobrequentamento actual.

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Obxecto:

  • Coñecer que é o efecto invernadoiro. A súa contribución para a vida e os aspectos negativos
  • Coñecer que é o buraco de ozono e a súa relevancia no cambio climático
  • Relacionar o problema actual do cambio climático co aumento das emisións de CO2 desde a era industrial
  • Os cumes do clima e as iniciativas e esixencias globais e locais.

Estrutura

  • Charla interactiva- 60 ´
  • Obradoiro- 60´
  • Saídas, conclusións e reflexión- 90´

Como consecuencia da pandemia da Covid son posibles reformulacións de acordo co equipo directivo de cada colexio, en atención ás características concretas de cada centro ou dos espazos abertos, xardíns públicos etc que poidamos visitar na saída educativa

Cando:

Dende o 02/01/2024 ata o 21/06/2024

De xaneiro a xuño de 2024

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023

Ficha de solicitude

Contacto:

Adxudicataria do servizo: Puertas Afuera Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.

educacionambiental@coruna.gal

981903834

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión