Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Educación

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

A Concellería de Xustiza Social reforza o programa de acompañamento educativo ‘Poténciate’, no que introduce a atención individualizada para o alumnado

Cuándo:

19 de febrero de 2019

A edil Silvia Cameán salienta que esta iniciativa permite reducir as dificultades de nenos e nenas no estudo e tamén proporcionar os recursos para reducir a taxa de abandono escolar. Os centros cívicos acollerán ata fin de curso os obradoiros de Primaria e Secundaria que terán un máximo de 10 escolares propostos polos centros educativos e os servizos sociais municipais.

A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, presentou esta mañá a nova convocatoria do programa de acompañamento educativo Poténciate, destinado a diminuír o fracaso escolar e a favorecer a inclusión social, e que contará na súa segunda edición cunha serie de melloras para o apoio ao alumnado. O reforzo concrétase, tal e como explicou a concelleira, na atención individualizada para os casos que precisen máis apoio e a posibilidade de realizar o acompañamento no domicilio se fose preciso. "Poténciate é un paso máis dentro da cidade educadora que queremos construír. Estamos convencidas de que hai unha evidente relación entre a educación e a pobreza. A poboación que ten menos recursos é a que menos posibilidades ten de acadar un mínimo nivel educativo e é quen máis necesita de medidas como esta", indicou Cameán.

Poténciate, que se desenvolverá en horario de tardes ata a fin do curso escolar, está dirixido a todos os centros públicos do termo municipal que imparten educación infantil, primaria, especial e secundaria e "vén a complementar o xa existente de reforzo educativo". O programa, que está deseñado "en estreita colaboración cos centros educativos da cidade", está dividido en dous tipos de obradoiros: un para a educación Primaria e outro para a Secundaria. O primeiro está dirixido a nenos e nenas entre os 5 e os 11 anos coas que se intervén para previr, reducir e readaptar as dificultades da linguaxe e a escritura, a fala e a lecto-escritura que poidan presentar as e os menores. O segundo dos talleres está destinado a alumnado entre os 12 e os 16 anos e que "conte con distintas dificultades para a aprendizaxe que poden vir derivadas de non contar coas ferramentas necesarias ou motivadas por situacións sociais ou familiares que tamén cómpre traballar". Así, o obxectivo deste obradoiro é proporcionar os recursos pedagóxicos para evitar o fracaso escolar, reducir as taxas de abandono temperá do sistema educativo, combater o absentismo e potenciar as competencias do alumnado. "Cremos que estes obxectivos deben ir tamén acompañados dunha parte máis lúdica, co seu lecer, para reforzar o aprender coa diversión", apuntou Cameán, quen tamén avanzou que, neste ano, as actividades do programa van a incluír unha serie de indicadores e de labores de seguimento para comprobar a evolución dos e das menores. Como novidade para este ano, o programa Poténciate permite tamén que os propios centros educativos decidan se precisan un apoio dunha profesional específica para traballar no colexio.  

Os centro cívicos da cidade acollerán estes obradoiros, para os que se crearán grupos dun máximo de 10 persoas. Os e as menores poden acceder ao programa por derivación da dirección dos propios centros educativos ou dos equipos técnicos dos servizos sociais municipais que traballan coas familias, un proceso que comezará esta mesma semana. A concelleira de Xustiza Social indicou que, durante o primeiro ano de posta en marcha do programa, no 2018, realizáronse un total de 15 obradoiros nos que participaron 75 nenos e nenas. Neste sentido, Cameán salientou a aposta que está a realizar o Goberno local nun ámbito como o da educación, no que o Concello non ten competencias directas, e no que se incrementou o orzamento nun 180%, pasando de 470.000 euros no 2015 ao 1,3 millóns investidos no pasado ano.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?