Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Carapuchiña Vermella e os cinco lobiños", de Ángeles Goás

Cando:

21/05/2024

Inscricións:

Dende o 17/05/2024 ata o 21/05/2024

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Horario:

Un pase: 18.00 horas 

Duración:

30 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde e con inscrición previa

Conto e música en directo

Sesión de narración oral con música en directo na que coñecemos a unha Carapuchiña Vermella que vive unha aventura un pouco diferente. No seu camiño, a falta dun, van aparecendo cinco lobiños que son tan pequerrechiños que caben na súa cesta. Contaránnolo e cantaránnolo. Conto e música en directo con Ángeles Goás e Cristina Castro. 

A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá só un pase:

Haberá que se inscribir previamente en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions

Pídese puntualidade.

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión