Concello da Coruña

Concello da Coruña

Jiyoon Lee e Chloe Mun

Cando:

16/04/2024

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Duración:

60 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

20,00 €  (menosres de 25 anos, 5'00 €))

*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.

Dentro do ciclo de Música de Cámara organizado pola Sociedad Filarmónica da Coruña

Un dúo explosivo formado por dous fantásticos intérpretes coreanos. Jiyoon Lee (violín) é o primeiro concertino da Staadkapelle Berlin, a orquestra de Daniel Barenboim coa que actuou como solista e en música de cámara en diversas ocasións, e está considerado un dos mellores concertinos de toda Alemaña. Chloe Mun (piano) é puro talento musical, moi nova gañadora dos concursos Bussoni e Xenebra, xa gravou un disco para Deutsche Grammophon.

Ofrecerán as sonatas de Brahms 2, Ravel e Strauss, un programa á altura do seu virtuosismo musical.

Venda de entradas

Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h

Venda en liña

* Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión