8 de novembro de 2019
Ábrese un prazo de 10 días, do 24 de decembro ata o 9 de xaneiro, para emendar por rexistro a documentación presentada.
O programa permítelle ao alumnado de 4º da ESO residente na cidade da Coruña cursar o grao 11 en EE.UU., equivalente a 1º de Bacharelato.
Como requisitos principais, o alumnado aspirante debe estar empadroado no Concello da Coruña e obter en 3º de ESO unha cualificación media de 6,5 puntos ou máis (sen ter ningunha materia suspensa) e de 7 puntos ou máis en inglés.
Toda a información relativa ás Bolsas USA pódese consultar en Bolsas USA 2020-21 , que inclúe as bases publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do venres 8 de novembro de 2019 [Cómpre ter en conta a corrección de erros nas bases publicada no BOP do venres 15 de novembro].
Obxectivo do programa
O programa ten como obxectivo que as persoas participantes adquiran un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real doutra cultura. Así mesmo, promove unha educación baseada no respecto á diversidade cultural, racial, sexual... e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Programa ao que pertence
A realización deste programa suspéndese para a edición 2020-2021 debido á situación de alerta sanitaria xerada pola COVID-19.
Programa no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4.º da ESO residente na cidade da Coruña de cursar o Grao 11 en EE. UU. -equivalente a 1.º de Bacharelato.
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible