7 de xaneiro de 2019
Abrese un prazo de presentación de alegacións, de dez días hábiles, do 8 ao 17 de xaneiro de 2019
Publícase a listaxe provisional das persoas admitidas e non admitidas para participar no proceso de selección de 11 bolsas do programa de bolsas FP-Proxecto Acoreuropa VIII , organizado pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña, en convenio co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados.
Non obstante, a listaxe queda supeditada á confirmación por parte dos centros educativos de que todas as persoas inscritas teñen superada finalmente a súa FCT.
Abrese un prazo de presentación de alegacións, de dez días hábiles, do 8 ao 17 de xaneiro de 2019; co fin de que as persoas interesadas aleguen o que estimen oportuno en defensa dos seus dereitos, enmenden as faltas ou acheguen os documentos preceptivos, con indicación de que se así non o fixeren, teráselles por desistidos da súa petición.
Deberán ser presentadas a través de calquera dos rexistros municipais, ubicados no Pazo municipal de María Pita, Fórum Metropolitano, Ágora ou Mesoiro.
A comisión de valoración examinará as alegacións presentadas e emitirá informe motivado que elevará ao SME, que publicará a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas na páxina web www.edu.coruna.gal/educacion, arredor do 22 de xaneiro.
Calquera aclaración ou consulta pódese facer no correo educacion@coruna.es ou no teléfono 981 184 200, extensión 12038 e 120043.
Programa ao que pertence
Programa inscrito no programa Erasmus + da Unión Europea, polo que se organizan e posibilitan prácticas de formación, de tres meses de duración en empresas de diversos países europeos para recentemente titulados de FP Superior nos centros adscritos ao programa.
Máis informaciónDocumentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible