Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Proceso de admisión

Proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2019/2020

Reserva de praza nos centros de adscrición

De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/2013), que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de febreiro inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición, do alumnado en centros sostidos con fondos públicos e a Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1/02/17), pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición (no que xa está matriculado), para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) -que se publica como anexo I da Orde do 25 de xaneiro de 2017-.

O prazo de presentación estará comprendido entre os días 1 e 15 de febreiro de 2019.

O formulario será facilitado gratuitamente nos centros docentes e estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web da Consellería de Educación http://www.edu.xunta.gal/portal/.

I. REFERENCIAS LEGAIS

  • Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG 26 de decembro de 2012), polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinos de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo de 2013) pola que se desenvolve o citado decreto
  • Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1/02/17) pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013
  • Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e a adolescencia
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas

II. CALENDARIO (segundo a disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013)

  • O 27 de febreiro, ás 10.30 h: sorteo público a efectos de desempate. Extraeranse catro letras do abecedario, que determinarán, correlativamen­che, a primeira e segunda letra do primeiro apelido e a primeira e segunda letra do segundo apelido.
  • Antes do 1 de marzo: publicación dos postos escolares vacantes nos centros docentes
  • Do 1 ao 20 de marzo, ambos inclusive: prazo de presentación das solicitudes de admisión 

A solicitude débese presentar no centro no que se solicite praza en primeiro lugar ou a través da aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) co formulario normalizado (ED550A) -que se publica como anexo I da Orde do 25 de xaneiro de 2017- e que será facilitado gratuitamente nos centros docentes e estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia http://www.xunta.es/portada e na páxina web da Consellería de Educación http://www.edu.xunta.gal/portal/

Só pode presentar unha única solicitude, na que se poderá facer constar unha relación de ata 5 centros máis por orde de preferencia. A renuncia a lasolicitud rexistrada nun centro só admitirase ata o último día do prazo de presentación de solicitudes, mediante a presentación dunha nova indicando expresamente por escrito que quedan sen efecto a/s presentada/s con anterioridade.

  • De 22 de marzo a 5 de abril presentarase a documentación acreditativa dos méritos alegados, unicamente nos centros nos que exista máis demanda que oferta de postos escolares.
  • Antes do 25 de abril: publicación das listas provisionais de admitidos e non admitidos, ordenadas segundo a orde de puntuación obtido e onde consten as puntuacións asignadas por cada criterio.

Reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o Consello Escolar nos centros públicos e ante o titular dos centros privados concertados.

  • Antes do 15 de maio: publicación das listas definitivas de admitidos e non admitidos.

Impugnación das listas definitivas: No caso de centros docentes públicos, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada. No caso de centros privados concertados poderán formular unha reclamación. En ambos os casos, ante o xefe territorial no prazo dun mes que se conta a partir do día seguinte ao da súa publicación (art. 32).

  • Do 20 xuño ao 2 de xullo: formalización da matrícula no centro asignado de E. infantil e primaria.
  • Do 25 de xuño ao 10 de xullo: formalización da matrícula en ESO e bacharelato.

As solicitudes que non obtivesen praza nos centros solicitados serán remitidas á COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN que lles asignará praza nos centros onde teñan vacantes tendo en conta, cando sexa posible, as preferencias dos pais, nais ou titores legais explicitadas na solicitude así como a puntuación obtida por aplicación do baremo.

As solicitudes presentadas nos centros fóra do prazo de admisión, as duplicadas e as que conteñan erros ou datos falsos sobre os datos do/a alumno/a ou na documentación serán remitidas á XEFATURA TERRITORIAL, da que recibirán unha notificación para que presenten alegacións e presenten documentos ou xustificacións que estimen procedentes nun prazo de 5 días hábiles.

Admisión do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Os centros que escolaricen a este alumnado, deben reservar tres postos escolares por unidade, en 4º de educación infantil e 1º de educación primaria, e 1º de ESO.

Na solicitude de admisión deberán manifestar expresamente que op­tan a unha praza reservada para alumnado con necesidades específicas de apoio educa­tivo derivadas de discapacidade física, psíquica ou sensorial, de sobredotación intelectual, de trastornos graves de conduta ou por estar en situación desfavorecida como­ consecuencia de factores sociais económicos ou culturais.

III. DOCUMENTOS NECESARIOS PARA REALIZAR A SOLICITUDE DA MATRÍCULA

Deberase entregar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:

a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

b) Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (libro de familia ou DNI)

d) Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

Documentos necesarios no caso de que exista máis demanda que oferta de postos escolares:

Acreditación de irmáns/ás matriculados/as no centro (art. 20 )

  • Fotocopia completa do libro ou libros de familia
  • Fotocopia da resolución ditada pola Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar (no caso de menores en situación de acollemento)

Acreditación da nai ou pai, titora ou titor que traballe no centro (art. 21 )

  • Documento acreditativo expedido polo propio centro educativo

Acreditación do domicilio familiar en área de influencia do centro ou en área limítrofe (art. 22)

  • Certificado do Padrón municipal expedido no ano actual (antigüidade mínima dun ano)
  • Se non coincidise o domicilio familiar co fiscal, deberá presentar a seguinte documentación complementaria: Copia autentificada do título que lexitime a ocupación da vivenda declarada como domicilio familiar e contrato de alta de recibos actualizados de subministracións (auga, luz, gas) a nome da persoa solicitante na vivenda declarada como domicilio familiar

Acreditación de lugar de traballo da nai, pai ou titor/a legal na área de influencia do centro ou na área limítrofe (art. 22)

  • Documento expedido para tal efecto pola persoa empregadora xunto cunha copia do contrato de traballo (para traballadores/as por conta allea)
  • Alta censual inicial ante a Axencia Estatal Tributaria, con todas as posibles modificacións posteriores e as altas na Tesourería Xeral da Seguridade Social (para traballadores/as por conta propia)
  • Certificado da Xefatura de Persoal correspondente (para persoal ao servizo das admin. públicas)

(*) Acreditación da renda anual da unidade familiar (art. 23)

  • No caso en que a Axencia Estatal de Administración Tributaria non dispoña dos datos tributarios das persoas integrantes da unidade familiar, estas deberán presentar unha certi­ficación de haberes ou calquera outro documento de cada unha delas que permita aplicar o baremo.

(*) Acreditación da condición de familia numerosa (art. 24)

  • Fotocopia do título oficial de familia numerosa en vigor ou do carné familiar galego ou copia da solicitude de recoñecemento ou renovación.

Acreditación da condición de familia monoparental (art. 25)

  • Fotocopia do libro de familia, certificado de convivencia, resolución xudicial de separación, divorcio ou medidas paterno-filiais ou convenio regulador.

(*) Acreditación da condición de discapacidade (art. 26)

  • Certificado do ditame sobre discapacidade igual ou superior ao 33% no alumno/a, pai, nai, titor/a legal ou irmáns/ás emitido polo órgano competente da Administración pública.

Acreditación para o alumnado con necesidades específicas de apoio educa­tivo (art. 37)

  • Documentación xustificativa das devanditas situacións e circunstancias. No caso de alegar situación desfavorecida como­consecuen cia de factores sociais, económicos ou culturais, presentasen o informe dos servizos oficiais competentes.

(*) Só cando denegue a súa consulta automática de datos pola Consellería de Educación.

IV. VALORACIÓN DOS CRITERIOS XERAIS DO BAREMO

CRITERIOS

PUNTUACIÓN
Existencia de irmás/áns no centro e no caso de irmáns/ás nados/as dun parto múltiple (art. 20)

Unha irmá/án matriculada/o no centro

8 puntos

Segundo e seguintes irmás/áns matriculadas/os no centro

2 puntos por irmá/ou

Pai, nai ou titor/a legal traballador do centro (art. 21) (non acumulables a ambos os proxenitores)

3 puntos

(*) Proximidade do domicilio familiar ao centro (art. 22) (non acumulable coa proximidade do lugar de traballo)

Domicilio familiar na área de influencia do centro

6 puntos

Domicilio familiar nas áreas limítrofes

3 puntos

Domicilio familiar noutras áreas

0 puntos

(*) Proximidade do lugar de traballo ao centro (art. 22) (non acumulable coa proximidade do domicilio familiar)

Lugar de traballo do pai, nai ou titor/a legal na área de influencia do centro

4 puntos

Lugar de traballo do pai, nai ou titor/a legal nas áreas limítrofes

2 punto

Lugar de traballo do pai, nai ou titor/a legal noutras áreas

0 puntos

Renda anual per cápita da unidade familiar (art. 23.7) referencia ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM de 2015: 6.390,13€ anuais, excluídas as pagas extraordinarias)

Ingresos inferiores a 0,5 veces o IPREM

3 puntos

Ingresos iguais ou superiores a 0,5 e inferiores a 0,75 veces o IPREM

2 puntos

Ingresos iguais ou superiores a 0,75 veces e inferior ao IPREM

1 punto

Ingresos iguais ou superiores ao IPREM

0 puntos

Familia numerosa (art. 24)

Familia numerosa de categoría especial

3 puntos

Familia numerosa de categoría xeral

2 puntos

Familia monoparental (art. 25)

Condición de familia monoparental

2 puntos

Discapacidade (art. 26) igual ou superior ao 33%

No alumno ou alumna

No pai, nai ou titor/a legal

Nos irmáns/ás do alumno ou alumna

4 puntos

3 puntos

1 punto por cada un

Criterio complementario aprobado polos centros (art. 28)

1 punto

(*) O mapa das áreas de influencia editado polo Concello da Coruña (segundo as instrucións ditadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria) pode consultarse nos centros docentes da cidade, nos rexistros de María Pita, Fórum, Mesoiro e Ágora, nas Bibliotecas Municipais, no Centro Municipal de Información Xuvenil e na páxinas web municipal www.coruna.gal/educacion

V. CRITERIOS DE DESEMPATE

Na puntuación final atendendo á seguinte orde de preferencia:

a) Maior puntuación no apartado de ter irmás/áns matriculadas/os no centro

b) Maior puntuación no apartado de ter nai, pai ou titores/as traballando no centro

c) Maior puntuación no apartado de proximidade do domicilio familiar ou laboral

d) Maior puntuación no apartado de renda da unidade familiar

e) Posuír a condición de familia numerosa

f) Posuír a condición de familia monoparental

g) Maior puntuación no apartado de discapacidade

h) Criterio establecido polo centro educativo

Se unha vez aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando o resultado do sorteo público realizado na Consellería de Educación.

Esta información será completada polas instrucións da Dirección Xeral de centros.

Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión do alumnado para o curso 2019/2020.

MÁIS INFORMACIÓN E CONSULTA DE DÚBIDAS

CENTROS DOCENTES DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS DO CONCELLO DA CORUÑA. CURSO 2019/2020

CENTROS DOCENTES PÚBLICOS

CEIP Alborada: R. San José de Calasanz, 5A (Polígono de Elviña, 2ª fase). Tfno.: 981 243 099

CEIP Plurilingüe Anxo da Garda: r/ Monte das Moas, 8-10. Tfno.: 881 960 778

CEIP Cidade Vella: r/ Ferrerías, 1. Tfno.: 881 960 701

CEIP Plurilingüe Concepción Arenal: r/ Marqués de Amboage, 2. Tfno.: 881 880 064

CEIP Curros Enríquez: r/ Campo de Marte, s/n. Tfno.: 981 204 735

CEIP Emilia Pardo Bazán: Travesía dos Rosales, s/n. Tels.: 981 276 781

CEIP Eusebio da Guarda: Pza. de Pontevedra, 21. Tfno.: 981 229 264

CEIP José Cornide Saavedra: Avda. da Sardiñeira, s/n. Tfno.: 981 248 796

CEIP Juan Fernández Latorre: r/ Casanova de Eirís, 26. Tfno.: 981 133 029

CEIP Plurilingüe Labaca: r/ Juan Flórez, 114 - 116. Tfno.: 881 960 282

CEIP Plurilingüe Manuel Murguía: San Vicenzo (Feáns - Mesoiro). Tfno.: 881 960 763

CEIP Plurilingüe María Barbeito Cerviño: r/ Alcalde Salorio Suárez, 28. Tfno.: 981 262 612

CEIP María Pita: Rolda de Camilo José Cela, 2 A (Elviña). Tfno.: 981 292 235

CEIP de Prácticas: Paseo de Rolda, 47. Tfno.: 981 255 330

CEIP Ramón de la Sagra: Rolda de Camilo José Cela, 4. Tfno.: 981 280 208

CEIP Raquel Camacho: r/ Antonio Pedreira Ríos, 13-15. Tfno.: 981 257 154

CEIP Rosalía de Castro: r/ Río Avia, s/n. Tfno.: 881 960 245

CEIP Sagrada Familia: Rolda de Outeiro, 211. Tfno.: 881 960 316

CEIP Sal Lence: Avda. de Oza, 224. Tfno.: 881 880 820

CEIP Salgado Torres: Avda. Pablo Picasso, 2. (Polígono de Elviña, 2ª fase). Tfno.: 981 243 316

CEIP San Francisco Xabier: Rolda de Outeiro, 72 (zona da Cubela). Tfno.: 881 960 980

CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma: r/ Lagares, 12. (San Pedro de Visma). Tfno.: 881 960 787

CEIP Sanjurjo de Carricarte: Pza. de San Xosé, s/n. Tfno.: 981 202 120

CEIP Plurilingüe Víctor López Seoane: r/ Vía Ártabra, s/n. (Monte Alto) Tfno.: 881 960 300

CEIP Wenceslao Fernández Flórez: Avda. do Ferrocarril, 17-19. Tfno.: 881 960 300/881 960 301/881 960 302

CEIP Zalaeta: r/ Curros Enríquez, s/n. Tfno.: 981 211 747

COLEXIOS PRIVADOS CONCERTADOS

CPR Plurilingüe Calasancias: Estrada dos Fortes, 11. Tfno.: 981 256 429

CPR Calasanz - Padres Escolapios: Estrada dos Fortes, 10. Tfno.: 981 253 684

CPR Cid: Rolda de Nelle, 143. Tfno.: 981 255 244

CPR Plurilingüe Compañía de María: Avda. de Calvo Sotelo, 2. Tfno.: 981 250 350

CPR Plurilingüe Cristo Rei (Maristas): Elviña, 149. Tfno.: 981 287 530

CPR Plurilingüe Escravas do Sagrado Corazón: Paseo de Rolda, 57. Tfno.: 981 251 800

CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida: r/ Valle Inclán, 3. Tfno.: 981 251 090

CPR Plurilingüe Grande Obra de Atocha: r/ Baltasar Pardal Vidal, 1.Tfno.: 981 222 542

CPR Plurilingüe Fillas de Jesús: Avda. de Nova York, 5. Tfno.: 981 285 877

CPR Plurilingüe Karbo: r/ Ramón Cabanillas, 2 - 1º. Tfno.: 981 236 179/981 241 425

CPR Plurilingüe Liceo La Paz: Avda. de Sebastián Martínez Risco, 12. Tfno.: 981 286 122

CPR Plurilingüe Montegrande: Avda. de Nova York, 178. Tfno.: 981 288 177

CPR Plurilingüe Padres Franciscanos: Avda. de Calvo Sotelo, 41-43. Tfno.: 981 262 606

CPR Plurilingüe Peñarredonda: r/ Xenebra, 3, Elviña. Tfno.: 981 286 533/981 286 277

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón" Franciscanas": r/ M.ª Ana Mogas Fontcuberta, 9. Tfno.: 981 293 250

CPR Plurilingüe Salesiano San Juan Bosco: r/ Hospital, 14. Tfno.: 981 203 550

CPR Plurilingüe Santa María do Mar (Xesuítas): Avda. da Pasaxe, 69. Tfno.: 981 283 000

CPR Plurilingüe Santo Domingo (Dominicos): Praciña de Santo Domingo, 22. Tfno.: 981 205 850

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?