Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

O valor dos residuos 2023-2024

Charla-coloquio apoiada dunha proxección audiovisual. Para fomentar o interese e a participación incorpóranse animacións en flash acerca dos residuos e o seu tratamento en diferentes contextos históricos e actuais. Para os/as máis pequenos/as, contarase cunha presentación a modo de conto sobre uns residuos e os seus soños de ser aproveitados e reciclados.

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

Obxecto:

Obxectivos:

  • Valorar os residuos como novas materias primas.
  • Recoñecer o problema da xeración desmedida de residuos nas sociedades desenvolvidas.
  • Coñecer medidas de redución e reutilización de bens de consumo.
  • Aprender a utilizar correctamente os colectores da cidade.
  • Coñecer o noso Plan de Residuos Municipal.

Contidos

  • Os residuos na nosa casa.
  • Os diferentes colectores da nosa cidade.
  • A redución e a reutilización dos bens de consumo
  • Como encaixa todo no Plan de Residuos Municipal.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 1º a 4º de EP

Recursos materiais:

Aula, pantalla de proxección, computador portátil, proxector.

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023

Horario:

Sesión de 60 minutos de duración.

Contacto:

Puertas Afuera Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.

Tel.: 981903834

Correo electrónico: educacionambiental@coruna.gal

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión