Concello da Coruña

Concello da Coruña

A ruta da auga 2023-24

Programa de educación ambiental dirixido a recoñecer e valorar a importancia da auga e o seu consumo responsable.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 3º a 6º de EP, de 1º e 2º de ESO, EE.

Obxecto:

  • Recoñecer e valorar a importancia da auga como un recurso imprescindible, tanto a nivel vital como no sistema urbano actual.
  • Orientar as actitudes do uso da auga cara a outras que fomenten o seu aforro, o seu uso máis racional e ecolóxico.
  • Investigar, seguir e recoñecer a ruta que segue a auga que se utiliza na cidade, desde a súa captación ata a súa devolución ao ciclo natural.

A auga é un dos principais recursos para a vida e o seu abastecemento e uso é vital para o funcionamento de calquera fogar, industria ou servizo. O circuíto xeral da auga nunha cidade desenvólvese desde a súa captación ata a súa depuración final antes de ser vertida, pasando pola súa canalización, potabilización, distribución etc. De forma habitual os usuarios obviamos este proceso e apenas prestamos atención a todo este ciclo, excepto cando carecemos de auga. Como utilizamos este recurso? Que consecuencias producimos coas nosas actitudes?

Estrutura

O programa desenvólvese en tres sesións diferentes:

  • Audiovisual interactivo. Proxección comentada na aula con coloquio. A elixir entre:
    • A auga na natureza. 60 min. 3º, 4º, 5º e 6º de EP

    • A ruta da auga na Coruña. 60 min. 5º e 6º de EP; 1º e 2º ESO

  • Actividade na aula. A elixir entre:
    • Xogo: A vida no río. 60 min. 3º e 4º de EP

    • Xogo: A auga na Coruña. 60 min. 5º e 6º de EP; 1º e 2º de ESO

  • Itinerario/Visita guiada. A elixir entre:
    • A planta potabilizadora da Telva. 90 min. 5º e 6º de EP; 1º e2º ESO.

    • De expedición polo río Mero. 90 min. 5º e 6º de EP; 1º e2º ESO.

    • A planta depuradora de Bens. 120 min. 1º e 2º ESO.

Cando:

Dende o 02/01/2024 ata o 21/06/2024

De xaneiro a xuño de 2024.

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023

Ficha de solicitude

Contacto:

Puertas Afuera Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.

Tel.: 981903834

educacionambiental@coruna.gal

Recursos materiais:

Materiais de apoio:

  • Manual do profesorado
  • Manual do alumnado

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión