Concello da Coruña

Concello da Coruña

Anelamento científico de aves 2023-24

Un programa de clasificación de seres vivos e de bioloxía experimental e método científico.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 1.º e 2.º de BACH; FP

Obxecto:

Programa A: clasificación e nomenclatura dos seres vivos: uso de claves e guías.

  • Uso de guías e claves de identificación.
  • Identificar especies comúns nun espazo natural protexido: o Lugar de Importancia Comunitaria Encoro de Abegondo-Cecebre.
  • Aplicación do método científico.

Programa B: bioloxía experimental e método científico.

  • Profundar na aplicación do método científico.
  • Distinción entre traballos de laboratorio e de campo.
  • Analizar os resultados dunha investigación.

Programa A. Clasificación e nomenclatura dos seres vivos: uso de claves e guías

Os naturalistas de todas as épocas mostraron unha gran preocupación por poñer orde na enorme variedade de seres vivos existentes. Hoxe en día a clasificación dos animais segue sendo unha cuestión cambiante e de actualidade. A elaboración de listaxes coas especies presentes nun espazo é a base de partida para todos os estudos e traballos que se desenvolven dirixidos á súa conservación. É por iso que é necesario manexar con soltura todo tipo de guías e claves. As aves máis frecuentes en espazos próximos a zonas urbanas son un bo punto de partida para iniciarse no seu uso. Durante a fase práctica deste programa capturaremos aves, o que nos permitirá ademais ir un pouco máis aló da identificación. A determinación do sexo, a idade, o seu estado físico, reprodutor... completarán a formación recibida neste programa.

Estrutura

O programa desenvólvese en tres sesións diferentes:

  • Charla dunha duración aproximada de 60 minutos.
  • Taller teórico de identificación. Duración aproximada: 60 minutos. Aproximación teórica antes da saída ao campo.
  • Taller práctico. Duración 180 minutos. Práctica no Lugar de Importancia Comunitaria Encoro de Abegondo-Cecebre.

Programa B. Bioloxía experimental e método científico

A bioloxía divídese en descritiva e experimental. No primeiro caso limitámonos á mera observación dos seres vivos para clasificalos ou analizar o funcionamento da súa estrutura, e realizar descricións do observado. No segundo caso, aplicamos o método científico ao estudo dos seres vivos e é propia da ciencia moderna. Especialidades como a xenética ou a ecoloxía baséanse na súa aplicación.

Estrutura

O programa desenvólvese en tres sesións diferentes:

  • Charla introdutoria de duración aproximada de 60 minutos.
  • Taller teórico. Duración aproximada: 60 minutos.
  • Taller práctico. Duración 180 minutos. Práctica no Lugar de Importancia Comunitaria Encoro de Abegondo-Cecebre.

Cando:

Dende o 02/01/2024 ata o 21/06/2024

De xaneiro a xuño de 2024

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral e Ficha de solicitude específica

Contacto:

Puertas Afuera Comunicación Ambiental y Cultural, SL

Tel.: 981 903 834

educacionambiental@coruna.gal

Recursos materiais:

Materiais de apoio:

  • Guías de campo e claves de identificación, fichas de traballo
  • Redes e material de anelamento

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión