Concello da Coruña

Concello da Coruña

Arte e cultura no centro 2023-24

O programa de "Arte e Cultura no Centro" é unha proposta de lecer educativo que complementa a xornada lectiva, persegue o desenvolvemento integral (físico, intelectual e social) dos nenos e nenas nunha contorna lúdica, de diversión e entretemento (aprender xogando) e comprende un amplo abano de actividades artísticas e culturais. Organízanse a través de dúas propostas diferenciadas: "OBRADOIROS" e/ou "LUDIVERSO".

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria dos centros públicos do Concello.

A oferta de actividades exponse en función do seguintes tres tramos de idade.

4º, 5º e 6º curso de Educación Infantil.

1º, 2º e 3º curso de Educación Primaria.

4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria.

O cociente mínimo para formar grupo será de 10 participantes. A partir de 20 desdobrarase o grupo.

Horario:

De luns a venres de 16.00 a 18.00 h. Dúas sesións semanais de 1 hora, distribuídos en días alternos.

TIPO DE PROPOSTAS:

OBRADOIROS

Son actividades multidisciplinares que abarcan diferentes áreas de contidos artísticos e culturais baixo unha estrutura de obradoiros. Trátase de espertar o interese e desenvolver diferentes habilidades segundo o contido de cada un deles, empregando o xogo como ferramenta educativa e de socialización.

CONTIDOS:

Actividades culturais e artísticas como o teatro, ciencia divertida, lóxica matemática, novas tecnoloxías, animación á lectura etc.

TEMPORALIZACIÓN

Dúas sesións semanais de 1 hora, distribuídos en días alternos.

COTAS A ABOAR NO CURSO 2023-24

Abonaranse 3 cotas ao longo do curso nos seguintes períodos:

Período outubro-decembro: 21 €

Período xaneiro-marzo: 21 €

Período abril-maio: 21 €

As cotas dos obradoiros de "Mans que falan" serán proporcionais á temporalización da mesma.

OBRADOIROS DE 4º, 5º E 6º CURSO DE ED. INFANTIL:

Teatro, Comecocos, Eureka, Recuncho Verde, Colorín Colorado, Manitas, Mans que falan (*).

OBRADOIROS DE 1º, 2º E 3º CURSO DE ED. PRIMARIA:

Teatro, Xenios, Abracadabra, Canto Conto, Deseño de Seu, Enredados, Mans que falan (*).

OBRADOIROS DE 4º, 5º E 6º CURSO DE ED. PRIMARIA:

Comediantes, Escape Room, Escola de Maxia, Recrearche, Enredados (**), Mans que falan (*).

(*) O obradoiro de "MANS QUE FALAN" ten unha duración de 1 hora semanal dada a natureza da actividade.

(**) A viabilidade do obradoiro "ENREDADOS" está condicionado a que o centro educativo poña a disposición ou ceda os medios tecnolóxicos necesarios para poder levar a cabo estas sesións.

LUDIVERSO

É unha actividade na que partindo dun centro de interese ou tema motivador e baixo a metodoloxía de traballo "por proxectos", desenvolveranse diferentes actividades multidisciplinares nas que os verdadeiros protagonistas serán os nenos e as nenas xerando a súa propia aprendizaxe (aprendizaxe significativa) a través da indagación/investigación e experimentación, fomentando á vez o espírito crítico e o traballo en grupo.

CONTIDOS:

Actividades terán un carácter multidisciplinar, é dicir desenvolveranse diferentes contidos como expresión plástica, musical, corporal e teatral, animación á lectura, lóxica matemática, actividade motriz etc. Os diferentes contidos virarán ao redor dunha temática que cambiará en cada trimestre.

A elección da temática quedará suxeita a criterio técnico.

TEMPORALIZACIÓN E HORARIO:

Existen dúas modalidades ou opcións de horario a escoller entre unha delas:

. Luns a venres de 16.00 a 17.00 h.

. Luns a venres de 16.00 a 18.00 h.

METODOLOXÍA:

Traballo por proxectos

COTAS A ABOAR NO CURSO 2023-24

Aboaranse 3 cotas ao longo do curso 2023-24 nos seguintes períodos:

Período outubro-decembro.

Período xaneiro-marzo.

Período abril-maio.

Haberá diferentes cotas segundo as seguintes dúas modalidades de participación:

  • Luns a venres de 16.00 a 17.00 h.: 63 €/ Período ou trimestre
  • Luns a venres de 16.00 a 18.00 h.: 105 €/Período ou trimestre

As cotas inclúen saídas culturais a espazos ou entidades da cidade, ou visitas de persoas de referencia, segundo o proxecto, ao propio centro.

ACTIVIDADES DE FIN DE ANO

Para varios grupos de Educación Infantil: DÚAS SESIÓNS DE NARRACIÓN ORAL da man de Ramiro Neira, no Fórum Metropolitano, nas seguintes datas:

  • Luns 18 de decembro de 2023. En horario de 16.30 a 17.30 h. 70 escolares aproximadamente + 8 educadores.
  • Martes 19 de decembro de 2023. En horario de 16.30 a 17.30 h. 70 escolares aproximadamente + 8 educadores.

Venres 15 de decembro, para varios grupos de E.P.: a OBRA DE TEATRO "UN TRAJE NUEVO PARA EL EMPERADOR" de La Pera Llimonera, no Fórum Metropolitano de 16.30 a 17.30 h. 125 escolares + educadores.

Cando:

Dende o 02/10/2023 ata o 21/06/2024

Inscricións:

Dende o 11/09/2023 ata o 17/09/2023

Inscrición do alumnado

A inscrición será en liña a través da seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones posta á disposición segundo o centro educativo no que estea matriculado o neno ou a nena participante.

Contacto:

Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos

Rúa Orzán, 21. 15001 A Coruña

Tel.: 981 202 002 // 981 201 877

ocio@fedapascoruna.org

Servizo Municipal de Educación

educacion@coruna.gal

Tel.: 981 184 200 ext. 10259

Requisitos:

CRITERIOS DE PARTICIPACIÓN:

Estar matriculado nun centro público do Concello da Coruña.

Formalizar a inscrición en liña e aboar a cota das actividades solicitadas.

Deberán inscribirse un mínimo de 10 participantes para a formación de grupo. A partir de 20, desdobrarase o grupo.

Se un participante necesitase un apoio específico indicarase no formulario de inscrición. Esta solicitude de apoio será estudada pola Federación Provincial de ANPA para valorar a súa viabilidade.

Se non se puidese formar un grupo por non chegar ao mínimo de participantes ou non dispoñer dos recursos humanos, materiais ou instalacións idóneas, facilitarase aos solicitantes a inclusión noutro grupo xa formado ou ben se valorará conxuntamente coas familias substituír esa actividade por outra que si cumpra as condicións necesarias para a súa posta en marcha.

Aboar a cota única de 4 € en concepto de seguro de accidentes que lle dará cobertura en calquera das actividades xestionadas pola Federación de ANPA no curso 23/24.

No caso de ser beneficiario da bolsa comedor para o curso 23/24, estará exento do pagamento da cota da actividade, non así do seguro de accidentes. No momento de facer a inscrición en liña deberase indicar, no apartado correspondente, o NIF/NIE do solicitante da bolsa comedor e o código de asento da bolsa, que figura na solicitude inicial da petición da bolsa.

Cumprir as normas de convivencia do centro e manter unha actitude de respecto no desenvolvemento das actividades. En caso de non cumprirse aplicarase o protocolo sancionador presente no centro educativo ou no ANPA dese centro.

A falta de asistencia continuada sen xustificación poderá supoñer a expulsión do programa sen dereito a devolución da cota aboada. Esa vacante poderá ser ocupada por outro escolar que a necesite por estar en listaxe de agarda.

Unha vez comezado o programa, se algún grupo xa formado queda por baixo do cociente mínimo establecida por falta de asistencia dos participantes, non podería continuar, quedando suspendida esa actividade.

Se unha mesma actividade, para un mesmo tramo de idade, ofértase en dúas franxas horarias diferentes, o participante só poderá escoller unha desas dúas franxas horarias.

Ademais, só se permitirá a inscrición nunha soa actividade se houbese outra oferta na mesma franxa horaria. É dicir non se contempla nin admite a participación de 1 hora a unha actividade e outra hora a outra actividade diferente.

As actividades solicitadas escolleranse entre a oferta de actividades proposta polo ANPA do centro no que está matriculado.

* Estas condicións xerais de participación manteranse para todos os programas de lecer, excepto nos programas vacacionais.

Recursos materiais:

O centro escolar deberá proporcionar espazos adecuados para a realización de obradoiros e proxectos do programa. Cada grupo de participantes deberá contar cun espazo ou aula de referencia.

Documentos relacionados

  • Dossier Programas A Coruña Tardes 2023-24 (2 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión