Concello da Coruña

Concello da Coruña

AULAS ACTIVAS de SEGURIDADE VIARIA. Asegura a túa vida na mobilidade 2023-24

STOP Accidentes xera un modelo de intervención socioeducativa dirixido á poboación nova, que necesita desprazarse, tanto en contornas urbanas como interurbanos, de forma autónoma e son usuarios habituais de diferentes medios de transporte. Adaptamos a nosa metodoloxía a cada colectivo e actualizando contidos considerando sempre as diferentes idades e momento evolutivo dos participantes para traballar valores de convivencia na mobilidade.

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de educación secundaria, bacharelato, formación profesional e estudos universitarios

O noso proxecto de prevención e formación busca xerar un espazo de reflexiona sobre os valores de convivencia cidadá na mobilidade que son parte do contido e marcan liñas de acción de responsabilidade, corresponsabilidade, solidariedade, prudencia e respecto.

Ámbito e temporalidade

Desenvólvese dentro do horario escolar. A data e duración axustaranse á dispoñibilidade do centro e de STOP Accidentes dentro do curso escolar 2022-2023

Condicións para participar no programa

A actividade coordínase, por orde de inscrición e directamente co centro educativo.

  • A participación é gratuíta.
  • Desenvólvese co alumnado do centro educativo.
  • O contido e a metodoloxía adáptase ás idades do alumnado.
  • Sendo opcional escoller a actividade práctica.

Actividades

Actividade teórica: Taller de mobilidade sustentable e segura. Duración 50´

Realízanse talleres de sensibilización na aula co apoio de contido multimedia e con dinámicas que facilitan a aprendizaxe significativa a través da participación activa. Cunha duración de 50´

Actividades prácticas opcional: duración mínima dunha clase de 50 e máximo dúas clases no caso do simulacro

Ofrecemos, para complementar a parte teórica, diferentes actividades complementarias para captar a atención dos participantes e reforzar a adquisición de contidos.

  • Taller de comunicación asertiva: aprender a dicir NON: saber dicir "NON" non é unha capacidade innata. É unha destreza que require adestramento, é por iso polo que se fala das "técnicas para dicir NON", que forman parte das aprendizaxes en habilidades sociais. Con estes talleres aprenderán a dicir NON, dunha maneira eficaz e asertiva que potenciará a súa capacidade de control.
  • Talleres de habilidades en bicicleta e VMP: talleres prácticos onde se traballará técnica, táctica, estratexia, biomecánica, ergonomía e normativa sobre as bicicletas e os VMP. Ademais, servirá para potenciar ao máximo as calidades e coñecementos para moverse en bicicleta ou VMP dentro da cidade como espazo de convivencia.
  • Simulacro de sinistro viario: realizamos, en colaboración cos servizos de emerxencias (Bombeiros, Policía Local, servizos sanitarios), un simulacro de sinistro de tráfico. Ao finalizar o simulacro, ábrese un debate con todos os participantes e o testemuño dunha vítima. Permite reflexionar en grupo e para que extraian as súas propias conclusións fronte a esta realidade.

    Cando:

    Dende o 01/10/2023 ata o 15/06/2024

    Desenvólvese dentro do horario escolar. A data e duración axustaranse á dispoñibilidade do centro e de STOP Accidentes dentro do curso escolar 2023-24

    Inscricións:

    Dende o 15/09/2023 ata o 30/05/2024

    Inscrición telefónica ou por mail (ver Contacto).

    Contacto:

    STOP Accidentes Galicia

    Avda. de Chile ,19 baixo, A Coruña

    Responsable do programa: Angela M.ª Jiménez Quirós.

    T: 981 289 368 / 667 309 450

    Horario: 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h

    Correo: aulasactivas@stopaccidentes.org

    Máis información:

    Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión