Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campacoles 2023-24

A Federación Provincial de ANPA en convenio co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais, leva a cabo o programa de actividades Campacole, baixo o formato de campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.

Estes campamentos levaranse a cabo en diversos CEIP da Coruña.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

A quen vai dirixido?:

Escolares de Educación Infantil e Educación Primaria matriculados nos CEIP do Concello da Coruña no curso 2023/2024.

Horario:

  • De mañá, de 10.00 a 14.00 h.
  • Madrugadores (con ou sen almorzo): a partir das 08.30 h.
  • Comedor: desde as 14.00 h ata as 15.30 h (podendo saír desde as 15.00 h.)

Prezo / Custo:

Pendente de concretar.

Condicións do programa

O número de prazas ofertadas para cada campamento será dun mínimo de 15 escolares e máximo de 45; e de 10 nos servizos de madrugadores e comedor.

No caso de non chegar ao mínimo esixido, devolveríase a cota aboada.

Centros onde se oferta

CEIPs do Concello da Coruña.

Debe haber unha solicitude previa do ANPA, ten que estar aprobado en Consello Escolar e valorarase pola Federación Provincial de ANPA

Cando:

Datas de inscrición: pendentes de concretar.

Inscricións:

PREZO/CUSTO

Pendentes de concretar. O prezo variará en función dos servizos seleccionados de entre os seguintes:

  • Campacole
  • Madrugadores sen almorzo
  • Madrugadores con almorzo
  • Comedor
  • Seguro de accidentes

A cota correspondente aboarase mediante transferencia á conta da Federación Provincial de Anpa. O comprobante da transferencia enviarase por correo electrónico ao enderezo: campacoles@fedapascoruna.org.indicando en "concepto" o nome do participante, a quenda e os servizos admitidos. No caso de non realizar o pagamento nos prazos establecidos a praza quedará vacante, chamando por orde ás persoas solicitantes das listaxes de agarda para cubrila.

Contacto:

Federación Provincial ANPA de centros públicos

Rúa Orzán, 21 - 15001 A Coruña

Tel. 981 202 002 / 649 055 939 / 698 158 503

ocio@fedapascoruna.org

www.fedapascoruna.org

Documentos relacionados

  • Dossier Programas A Coruña Tardes 2023-24 (2 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión