Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cinema na escola 2023-24

Terceira edición. A saga continúa. Un curso máis creamos unha escena "de cinema" para a nosa contorna educativa. Luces, cámara e acción...

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5.º e 6.º de primaria e de ESO.

Cada centro poderá inscribir, como máximo, tres equipos por curso e seis equipos entre todas as idades. Cada equipo estará coordinado por un/unha docente.

Os grupos participantes dividiranse en dúas categorías: primaria e secundaria.

Prezo / Custo:

Gratuíto

Obxecto:

"Cinema na escola" busca achegarlle esta disciplina artística á xente máis nova, aos centros e ao seu persoal docente, para que comproben de primeira man e a través do mundo da curtametraxe como as novas tecnoloxías facilitan o acceso a esta potente ferramenta, didáctica e experiencial.

O programa "Cinema na escola" persegue converter a cada alumno/a en verdadeiro/a protagonista da aprendizaxe, xa que cada participante é capaz de desenvolver os seus talentos, traballar en equipo, desenvolver a súa creatividade, aprender, e expresar emocións e contar historias.

Os centros que soliciten participar recibirán un módulo de formación orientado ao profesorado que coordine a actividade, acceso a material exclusivo "videotitoriais" e acceso directo ao equipo técnico para resolver dúbidas ao longo de toda a fase creativa.

O módulo de formación constará de dúas sesións de 90 minutos en liña, onde se abordarán aspectos como: a idea, a sinopse, o guión literario, técnicas de gravación, o casting, ensaios, rodaxe, edición e montaxe...

Unha vez terminada a fase de formación, os equipos poderán comezar o traballo de guionización, gravación, edición e montaxe final das curtametraxes.

Os premios que se van conceder en cada categoría, 1.º e 2.º premios, son os seguintes:

  • mellor curtametraxe
  • mellor guión
  • mellor fotografía
  • mellores efectos visuais
  • mellor edición e montaxe
  • mellor son
  • mellor interpretación

Tamén 3 mencións: valores, comedia e esforzo, para favorecer que todos os centros poidan sentirse protagonistas nas galas finais.

E, ademais, un premio do público para a curtametraxe máis valorada en redes sociais; que se poderá visualizar na nosa canle de Youtube.

Na edición 2023/24 haberá dúas galas finais, os días 2 (categoría e E. primaria) e 7 de maio (categoría ESO) no Ágora, de presentación dos traballos realizados e a entrega de premios.

Cando:

Dende o 15/09/2023 ata o 07/05/2024

  • Fase de inscrición: setembro e outubro de 2023
  • Fase de formación: en xaneiro e febreiro de 2024
  • Fase de creación das curtametraxes: marzo e abril
  • Fase de entrega das curtametraxes: ata o 25 de abril de 2024 ás 12.00 h, polas canles abertas para a ocasión
  • Fase de deliberación do xurado: 2.ª quincena de abril
    • Votación popular:
      • Curtas de EP: do 26 ao 30 de abril
      • Curtas de ES: do 26 ao 5 de maio
  • Realización das galas, con entrega de premios: 2 (categoría Primaria) e 7 (categoría Secundaria) de maio de 2024, no Ágora.

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 25/10/2023

Fichas de inscrición:

Xeral

Específica

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tel.: 981 184 200 ext. 10259

educacion@coruna.gal

Persoal encargado da realización do programa:

Requisitos:

Alumnado de 5.º e 6.º de primaria e de ESO, de centros educativos da cidade da Coruña

Organiza:

Servizo Municipal de Educación

Tel.: 981 184 200 ext. 10259

educacion@coruna.gal

Máis información:

Documentos relacionados

  • Cinema na escola: Dossier presentación 2023-24 (7 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión