Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concurso de Drons 2023-24

Sesións de formación e de familiarización no manexo de drons para posteriormente participar no concurso.

Trátase de propiciar a introdución na aula dunha tecnoloxía nova e motivadora e de alcanzar obxectivos educativos a través do manexo e programación de Droneblocks do dron Tello.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado dos seguintes niveis agrupados en dúas categorías e en equipos de 3 membros:

  • de 1º a 3º de ESO.
  • 4º de ESO, BACH e FP de grao medio.

Teñen preferencia os centros inscritos no "Obradoiro e Concurso de Robótica" e os centros que non tiveron experiencias previas con drons, xa que se pretende facilitar a introdución desta tecnoloxía na aula.

Horario:

Días 8 e 9 de novembro, mércores e xoves, en dúas quendas (de 16.00 a 17.30 e de 17.45 a 19.15 h).

Remuneración / Custo:

Concederanse premios de 100 €, un por cada categoría e outro ao centro mellor clasificado do Concello da Coruña.

Un centro non poderá levar máis dun premio. O grupo de alumnos/as concursará pola categoría máis alta, se no mesmo equipo os participantes son de distinta categoría.

Prezo / Custo:

Gratuíto

Obxecto:

  • Desenvolver o pensamento computacional, incorporando o potencial do razoamento lóxico (eventos, secuencias, bucles, variables, funcións, condicionais...), como sitema de resolución de problemas.
  • Desenvolver o pensamento crítico, a comunicación e o deseño colaborativo.
  • Mellorar a orientación e visualización espacial.

A entrega de premios de será o 10 de novembro ás 17.30 horas no IES Menéndez Pidal.

1 premio por categoría: ESO e Bacharelato, e mellor centro do Concello da Coruña

Cando:

Dende o 08/11/2023 ata o 09/11/2023

No IES Ramón Menéndez Pidal.

Prazo de inscrición a través da ficha de solicitude específica: do 2 a 27 de outubro de 2023:

  • Do 2/10, ás 10.00 h, ao 11/10, ás 14.00 h, para os centros do Concello da Coruña: 1 grupo por centro na actividade de Robótica o que, á súa vez, dará opción a inscribir 1 equipo por centro na actividade de Drons, de ter interese en participar tamén nesta actividade. Contémplase a excepción para o centro anfitrión que poderá inscribir e grupos neste período.
  • Do 12/10, ás 10.00 h, ao 20/10, ás 14.00 h, para os centros de fóra do Concello da Coruña coas mesmas condicións que figuran no apartado anterior.
  • Do 23/10, ás 10.00 h, ao 27/10: se quedasen prazas libres, inscrición para todos os centros dun segundo grupo en Robótica e/ou equipo en drons. Tamén terán opción de inscribir un equipo en Drons calquera centro, aínda que non estea inscrito en Robótica.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023

Requisitos:

Non é preciso unha formación previa pero solicitarase que se visualice previamente o vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=KqZe2QPYDxg

Organiza:

Enderezo:

Rúa Mª Victoria Fdez-España y Fdez-Latorre 2. 15002 A Coruña

Máis información:

IGACIENCIA

Inés Ben. secretaria@igaciencia.org

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN

Tfno: 981-184200 ext 10231 educacion@coruna.gal

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión