Concello da Coruña

Concello da Coruña

Dereitos e deberes das persoas consumidoras 2023-24

Ten como obxectivo ofrecer a información necesaria para que o alumnado coñeza os seus dereitos e deberes como persoas consumidoras e que saiba exercelos de maneira responsable.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Consumo

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO, BACH, FP e EE de todos os centros educativos da Coruña

Obxecto:

A Oficina Municipal de Información ás persoas consumidoras (OMIC), dispón dunha ampla oferta formativa no campo do consumo. Dentro do programa A Coruña Educa presentamos un conxunto de obradoiros prácticos que supoñen unha actividade dinámica, estimulante e formativa. Todas as actividades están dinamizadas por un equipo docente especializado no campo do consumo responsable e coordinado pola OMIC.

Os diferentes obradoiros están organizados segundo as distintas etapas educativas; deste xeito, as persoas responsables da docencia poderán escoller aquelas actividades máis adecuadas ao desenvolvemento curricular correspondente.

Ademais, os obradoiros compleméntanse con charlas para o equipo docente e familias. Deste xeito, toda a comunidade educativa pode formar parte do proceso de aprendizaxe en valores de consumo responsable.

Duración e localización

Cada taller ten unha duración aproximada de 60 minutos e desenvolverase en horario lectivo. É preceptiva a presenza de persoal docente do centro durante o desenvolvemento da actividade.

Os obradoiros poderán levarse a cabo nos propios centros educativos ou nas instalacións da OMIC da Coruña (rúa Costa da Palloza, 8).

Condicións do programa

A planificación das actividades realizarase desde a OMIC coa persoa responsable da coordinación deste programa no centro educativo.

O número máximo de participantes por grupos é de 25 (unha aula), en cada taller, acompañados de forma preceptiva por persoal do centro educativo.

No caso de que a demanda supere a dispoñibilidade de prazas outorgaranse as actividades por rigorosa orde de inscrición. Establecerase un límite máximo dunha actividade por cada grupo de cada centro.

Unha vez confirmadas as actividades, non será posible realizar cambios, agás que exista unha causa xustificada. No caso de que a educadora asista na hora e data acordada e o obradoiro non se poida levar a cabo, este non se reprogramará.

Debido á alta demanda de actividades non se admitirán cambios de datas unha vez confirmadas a menos que exista unha causa xustificada e penalizarase para futuras actividades.

As actividades están deseñadas para diferentes grupos de idade, polo que se deberá ter en conta no momento de realizar a solicitude.

Procuraremos adaptar as actividades ás datas propostas polos centros tendo en conta a demanda e a organización. A data definitiva confirmarase ao centro por escrito e non se admitirán cambios.

Para o correcto funcionamento do programa, acordaranse os obradoiros no menor número de xornadas posibles en cada centro.

Os obradoiros poderán adaptarse para alumnado con diversidade funcional para grupos de educación especial.

A

Cando:

Dende o 11/09/2023 ata o 21/06/2024

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral

Ficha de solicitude específica

Contacto:

OMIC. Oficina Municipal de Información ás persoas Consumidoras

Sede: r/ Costa da Palloza, 8. A Coruña 15006

Lidia M.ª Blanco Iglesias

Tel.: 981 189 820

Fax: 981 189 821

omic@coruna.es

www.coruna.es/omic

Documentos:

Documento-COE-2023-24_CAST.pdf (2 MB)

Documento-COE-2023-24_GAL.pdf (2 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión