Concello da Coruña

Concello da Coruña

Feira Matemática 2023-2024

A XVII edición da Feira Matemática é unha xornada para divulgar e profundar na ensino-aprendizaxe das matemáticas e para conseguir unha intercomunicación social, matemática, lúdica, práctica e agradable, animando a nenos/as e maiores a resolver problemas matemáticos diversos. Organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Dirixida ao alumnado desde EI á Universidade, así como ao profesorado e a todo o público en xeral

Horario:

Das 11.00 ás 20.00 horas

Prezo / Custo:

Gratuíto.

Desde o ano 2000 celébrase o 12 de maio como o Día Escolar das Matemáticas e en Agapema, na Zona da Coruña, celebrámolo dunha forma especial cunha FEIRA MATEMÁTICA.

O lema deste ano para o día escolar das matemáticas é "Xogando coas matemáticas", sobre os xogos matemáticos, os enigmas e outras actividades de entretemento, o que pode dar unha idea aos docentes para preparar a actividade ou o material.

A celebración, dedicada a todas as etapas do ensino, consiste nunha Feira na que cada Centro, cada profesor, cada grupo de alumnos e alumnas pode expoñer, vender, comprar unha ou máis propostas didácticas ou actividades entre as que considere oportuno.

CONDICIÓNS DO PROGRAMA

Cada grupo de participantes pode expoñer, vender ou comprar unha ou máis propostas didácticas ou actividades matemáticas entre as que considere oportuno. Cada centro dispoñerá dunha caseta ou posto para mostrar todas as súas experiencias de aula, xogos, exposicións...

Podes ver toda a información sobre o programa na seguinte dirección: Feira Matemática

Cando:

06/04/2024

06/04/2024

A feira matemática realizarase o sábado 6 de abril, de 11.00 a 20.00 horas no Hall de Proa de Palexco

Xa rematou

Contacto:

Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).

info@agapemacoruna.com

Enderezo:

Palacio de Exposicións e Congresos - Palexco. Avda. Porto da Coruña 1. 15003 A Coruña

Máis información:

Servizo municipal de Educación

Tel.: 981 184 200 ext. 10911

educacion@coruna.es

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión