Concello da Coruña

Concello da Coruña

III Intercambio Escolar Eixo Atlántico 2023-24

Con este programa búscase facilitar o intercambio entre escolares dos diferentes municipios de Galicia e Norte de Portugal integrantes do Eixo Atlántico, para compartir experiencias entre escolares; especificamente, dar a coñecer a cidade da Coruña ao alumnado dun centro educativo do municipio portugués de Felgueiras .

Os intercambios terán lugar durante 2 ou 3 días nos meses de abril ou maio de 2024.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado que curse 5º ou 6º de Educación Primaria durante o curso 2023/2024, pertencente a un centro público do Concello da Coruña.

anual

Prezo / Custo:

Gratuíto

Os concellos da Coruña e Felgueiras faranse cargo de todos os gastos (desprazamentos, aloxamento e comidas, seguros de viaxe e de responsabilidade civil e acompañamento) e do apoio na organización de vistas e itinerarios polas súas respectivas cidades.

Obxecto:

O Eixo Atlántico é unha asociación transfronteiriza de Dereito Público, formada por Municipios e Entidades da Administración Local que integran o sistema urbano da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, que inclúe o Concello da Coruña.

No grupo de traballo de Educación e Cultura do mencionado Eixo, leva varios anos desenvolvendo o proxecto Intercambios Escolares,cos seguintes obxectivos:

• Promover entre os estudantes e docentes o coñecemento do seu municipio, dos municipios integrantes do Eixo Atlántico e do propio Eixo Atlántico, así como do seu patrimonio (cultural, natural, inmaterial).

• Facilitar o intercambio entre estudantes dos diversos municipios do Eixo Atlántico.

• Concienciar os estudantes da importancia de vivir nun municipio integrante do Eixo Atlántico e que conforman unha Eurorrexión.

• Promover a realización de experiencias didácticas que potencien o uso do municipio como recurso educador.

Os intercambios terán lugar durante 2 ou 3 días nos meses de abril ou maio de 2024, nas datas que se determinen por ambos os municipios, de acordo cos centros educativos participantes.

O programa inclúe os seguintes servizos:

a) Os desprazamentos de ida e volta A Coruña - Felgueiras, para o alumnado seleccionado da Coruña e 2 docentes acompañantes e un/unha técnico municipal.

b) Aloxamento en Felgueiras do grupo seleccionado, en hotel ou albergue en réxime de pensión completa.

c) O seguro de viaxe e de responsabilidade civil.

d) O aloxamento hostaleiro en cuartos dobres con pensión completa do grupo visitante de Felgueiras na Coruña.

e) Acompañamento dun/dunha monitor/a nas actividades na Coruña.

f) Os desprazamentos pola cidade da Coruña do grupo seleccionado e outros gastos que se consideren necesarios para levar a cabo os obxectivos deste programa.

Cando:

  • Data límite de inscrición:a inscrición deberán realizala os centros educativos, ata o 1 de febreiro de 2024 a través da ficha de inscrición.
  • Data límite para presentar a memoria coa proposta do proxecto de actividades a realizar na Coruña: ata o 15 de marzo de 2024.

Inscricións:

Ata o 15/03/2024

A data de inicio da inscrición está por determinar.

As memorias presentaranse a través do correo electrónico: educacion@coruna.gal, coa mención no asunto "III Concurso Intercambio Escolar Eixo Atlántico ".

Contacto:

Servizo de Municipal de Educación, teléfono 981 184 200 ext. 10259 ou en educacion@coruna.gal.

Requisitos:

Un grupo escolar formado por un máximo de 30 participantes (alumnado e 2 docentes), de 5º ou 6º de educación primaria dun centro público do Concello da Coruña.

O grupo seleccionado será simultaneamente "grupo anfitrión" e "grupo visitante".

Deberá inscribirse e presentar unha proposta de proxecto de actividades a desenvolver na Coruña con grupo visitante portugués, para darlles a coñecer a cidade.

Estes proxectos poden incluír: a descrición do municipio, o patrimonio (cultural, natural e inmaterial), a súa cultura e costumes, as festas, os barrios, o noso centro educativo e o seu barrio, o porto, as infraestruturas, a economía e a sustibilidade, as tecnoloxías, as oportunidades de lecer, como vemos a cidade no presente, proxectos futuros... a condición de que se enmarquen dentro da problemática e realidade da nosa cidade.

PRESENTACIÓN DA MEMORIA

Os grupos participantes deberán presentar unha Memoria, coas seguintes características:

  • Orixinal e en lingua galega.
  • Extensión máxima de 20 follas en letra Arial 11 por cara con interlineado simple.
  • Unha folla inicial que incluirá: o nome e obxecto do proxecto, nome do centro educativo, nome do grupo ao que pertence o traballo (5º A, 6º C...), e o profesado responsable do mesmo.
  • O proxecto poderá ir acompañado de vídeos, fotografías, planos, maquetas ou calquera outra explicación do proxecto nun arquivo adxunto á memoria principal.
  • Excluiranse os proxectos que non cumpran cos requisitos esixidos

FORMA E PRESENTACIÓN DA MEMORIA

A Memoria presentarase a través do correo electrónico: educacion@coruna.gal, coa mención no asunto "III Concurso Intercambio Escolar Eixo Atlántico ".

Organiza:

Concellos da Coruña e Felgueiras (Portugal), coa colaboración do Eixo Atlántico .

Máis información:

As condicións do programa están recollidas nas bases reguladoras do Concurso III Intercambio Escolar do Eixo Atlántico .

Concello de Felgueiras:

https://cm-felgueiras.pt/municipio/concelho-de-felgueiras/

Documentos:

Regulamento dos III Intercambios Escolares do Eixo Atlántico (486 KB)

Bases reguladoras do Concurso de selección do III Intercambio Escolar do Eixo Atlántico (353 KB)

Documentos relacionados

  • Información sobre Felgueiras (1 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión