Concello da Coruña

Concello da Coruña

Inicia 2023-24

Programa de difusión do espírito emprendedor entre o alumnado de ciclos formativos e educación superior de centros públicos (ou privados cos que se asine convenio), mediante a titorización/mentorización de proxectos empresariais, servindo de apoio e complemento ao persoal docente dos centros.

O alumnado poderá optar a participar nunha feira na que se premian os tres mellores proxectos.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Empleo

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de:

Ciclos formativos

Ensinos especiais (Educación superior)

Obxecto:

  • Desenvolver as capacidades emprendedoras do alumnado dos Centros de Formación Profesional e Ensinos Especiais da cidade da Coruña.
  • Fomento e difusión da cultura emprendedora nos Centros de Formación Profesional e Ensinos Especiais.
  • Servir de instrumento de promoción de boas ideas empresariais, proxectos e persoas que as leven a cabo.
  • Fomentar iniciativas emprendedoras que repercutan na economía do Concello.
  • Dar a coñecer os recursos municipais de apoio ao emprendemento.

Condicións do programa

Horarios adaptados a cada centro educativo. O alumnado debe asistir ás catro sesións formativas.

Contidos

  • Módulo 1: Presentación e motivación. Plan de empresa
  • Módulo 2: Titorización de proxectos (I)
  • Módulo 3: Titorización de proxectos (II, preferentemente en liña)
  • Módulo 4: Como presentar o meu proxecto (Obradoiro teórico-práctico)

Metodoloxía

O programa componse de catro módulos formativos de maneira que, en coordinación co persoal docente do centro educativo, estes sirvan de apoio durante a elaboración do proxecto que realiza o alumnado. Tres módulos son presenciais e un deles, o segundo de titorización, preferentemente en liña.

O alumnado que o desexe poderá realizar unha simulación de presentación do seu proxecto para poñer en práctica o aprendido no módulo 4.

Os proxectos elaborados poderán presentarse á selección para participar na Feira de Ideas Empresariais. Na dita feira, na que participan un máximo de 15 proxectos, premiaranse as 3 mellores iniciativas emprendedoras.

A entrega de premios realízase como acto final da xornada que ten lugar o mesmo día da feira.

Cando:

Dende o 09/10/2023 ata o 29/03/2024

Setembro - outubro: información ao profesorado, coordinación e calendarización de sesións.

Outubro - febreiro: desenvolvemento da formación e titorización (4 módulos). Na ficha de solicitude deben indicarse as datas preferentes para as 4 sesións.

Marzo: entrega de proxectos, selección, Feira de Ideas e premios.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral

Ficha de solicitude específica "programa Inicia"

Contacto:

Documentos:

Bases de participación en Inicia 23/24 (270 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión