Programa de difusión do espírito emprendedor entre o alumnado de ciclos formativos e educación superior de centros públicos (ou privados cos que se asine convenio), mediante a titorización/mentorización de proxectos empresariais, servindo de apoio e complemento ao persoal docente dos centros.
O alumnado poderá optar a participar nunha feira na que se premian os tres mellores proxectos.
Só da Coruña
Empleo
Complementaria
Alumnado de:
Ciclos formativos
Ensinos especiais (Educación superior)
Condicións do programa
Horarios adaptados a cada centro educativo. O alumnado debe asistir ás catro sesións formativas.
Contidos
Metodoloxía
O programa componse de catro módulos formativos de maneira que, en coordinación co persoal docente do centro educativo, estes sirvan de apoio durante a elaboración do proxecto que realiza o alumnado. Tres módulos son presenciais e un deles, o segundo de titorización, preferentemente en liña.
O alumnado que o desexe poderá realizar unha simulación de presentación do seu proxecto para poñer en práctica o aprendido no módulo 4.
Os proxectos elaborados poderán presentarse á selección para participar na Feira de Ideas Empresariais. Na dita feira, na que participan un máximo de 15 proxectos, premiaranse as 3 mellores iniciativas emprendedoras.
A entrega de premios realízase como acto final da xornada que ten lugar o mesmo día da feira.
Dende o 09/10/2023 ata o 29/03/2024
Setembro - outubro: información ao profesorado, coordinación e calendarización de sesións.
Outubro - febreiro: desenvolvemento da formación e titorización (4 módulos). Na ficha de solicitude deben indicarse as datas preferentes para as 4 sesións.
Marzo: entrega de proxectos, selección, Feira de Ideas e premios.
Xa rematou
Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023
Inscrición para os centros
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible