Concello da Coruña

Concello da Coruña

Movemento sostible 2023-24

Programa de educación ambiental dirixido a analizar e a concienciar sobre a mobilidade responsable, así como visibilizar a accesibilidade.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

EP (4º e 5º), ESO (3º), BACH (2º) e EE.

Áreas de interese: "Ciencias Sociais" e "Valores Sociais e Cívicos" en EP, "Xeografía e Historia" en ESO, "Xeografía" en BACH.

Obxecto:

  • Concienciar sobre unha mobilidade responsable: que as nosas decisións individuais e os nosos usos cotiáns redunden nunha economía baixa en carbono
  • Analizar a mobilidade na Coruña: transporte urbano colectivo, carrís bici, desprazamentos camiñando aos colexios, peonalizacións e obxectivos futuros de mobilidade
  • Visibilizar a accesibilidade: ramplas, escaleiras mecánicas, pasamáns, seguridade viaria, zonas de aparcadoiro de bicicletas, software asociado ao uso do transporte público, contornas amables e humanas como futuro urbano sostible.

O 40% da produción enerxética final destínase ao transporte nas súas diferentes modalidades. O 15% é utilizado polas familias no seu vehículo particular. Se engadimos a parte de enerxía que se precisa para a fabricación e mantemento dos vehículos e infraestruturas necesarias esta demanda elévase ata o 50%. Practicamente o 100% dos combustibles teñen a súa orixe en derivados do petróleo o que supón unha dependencia dun recurso non renovable, escaso e que importamos. A educación, a saúde, o emprego ou o lecer deben resultar accesibles a todos independentemente de que dispoñamos ou non de coche.

Estrutura

  • Charla interactiva- 60´
  • Obradoiro- 60´
  • Saídas, conclusións e reflexión- 90´

Como consecuencia da pandemia da Covid son posibles reformulacións de acordo co equipo directivo de cada colexio, en atención ás características concretas de cada centro ou dos espazos abertos, xardíns públicos etc que poidamos visitar na saída educativa

Cando:

Dende o 02/01/2024 ata o 21/06/2024

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023

Ficha de solicitude

Contacto:

Adxudicataria do servizo: Puertas Afuera Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.

educacionambiental@coruna.gal

981903834

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión