Concello da Coruña

Concello da Coruña

O aire que nos arrodea 2023-24

Programa de educación ambiental dirixido á sensibilización e comprensión do aire.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

EP (1º, 3º e 4º), ESO (1º e 2º), BACH (2º) e EE.

Áreas de interese: "Ciencias Sociais" e "Ciencias da Natureza" en EP; "Bioloxía e Xeoloxía", "Música" e "Cultura Científica" en ESO e "Ciencias da Terra e do Medio Ambiente" e "Física" en BACH. Colectivos.

Obxecto:

  • Sensibilizar o alumnado co coidado da atmosfera
  • Ofrecerlles unha diversidade de experiencias e unha comprensión fundamental do valor do aire que nos arrodea e os perigos que o ameazan
  • Identificar os causantes da contaminación atmosférica e resolver os problemas ambientais derivados
  • Informar dos labores que desde o Concello levan a cabo no control da calidade do aire

A atmosfera é imprescindible para a vida na Terra. O ser humano altéraa e modifícaa ata tal punto que a consecuencia é a súa contaminación, con gran repercusión nos seres vivos. O primeiro no que pensamos con contaminación "do aire" é en cambios na composición química da atmosfera debidos á existencia de gases e compostos nocivos; pero tamén o ruído é un dos axentes contaminantes máis importantes; ou a "contaminación luminosa", con gran repercusión nos ciclos da vida...

ESTRUTURA

  • Charla interactiva- 60 ´
  • Obradoiro- 60´
  • Saídas, conclusións e reflexión- 90´

Como consecuencia da pandemia da Covid son posibles reformulacións de acordo co equipo directivo de cada colexio, en atención ás características concretas de cada centro ou dos espazos abertos, xardíns públicos etc que poidamos visitar na saída educativa.

Cando:

Dende o 02/01/2024 ata o 21/06/2024

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023

Ficha de solicitude

Contacto:

Adxudicataria do servizo: Puertas Fóra Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.

educacionambiental@coruna.gal

981 903 834

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión