Concello da Coruña

Concello da Coruña

Obradoiro: aprender igualdade creando II 2023-24

Este obradoiro abordará diferentes temáticas relacionadas coa promoción da igualdade e da diversidade, axustándose ao nivel educativo do alumnado e empregando ferramentas didácticas atractivas e de natureza lúdica que aproveiten e potencien a creatividade do alumnado destinatario.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Igualdade e Diversidade

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 1.º e 2.º de ESO e de Formación profesional básica

Horario:

Lectivo dos centros educativos

Obxecto:

  • Identificar e analizar cuestións relacionadas coa desigualdade, sexismo e violencia de xénero presentes nos cómics, música, publicidade, curtas ou vídeos subidos nas redes sociais etc., promovendo que as nenas e os nenos realicen as súas propias creacións.
  • Identificar crenzas, roles e estereotipos que condicionan as actitudes e comportamentos nas relacións interpersoais.
  • Constatar o enriquecemento social que supón formar parte dunha sociedade onde primen valores de respecto, tolerancia e igualdade en relación coas diferenzas por razón de sexo, imaxe, orixe, raza, etnia, costumes culturais, capacidades físicas, intelectuais, orientación sexo-afectiva.
  • Traballar sobre a importancia de ter unha visión analítica, crítica e non estereotipada en relación á diversidade existente na nosa sociedade.
  • Analizar a publicidade de maneira crítica, valorando como inflúe o variable sexo no consumo, selección de produtos, actitudes e condutas.
  • Identificar formas de influír na contorna máis próxima, apoderando a mozas e mozos como protagonistas do cambio social.
  • Poñer en valor a riqueza que ten a linguaxe oral e escrita con perspectiva de xénero na comunicación.
  • Aplicar coñecementos e diferentes técnicas para plasmar ou facer realidade as súas propostas de cambio de maneira gráfica ou artística (ilustrar as súas historias, facer guións, realizar pequenas gravacións, ideas e montaxes publicitarias etc.).

Condicións do programa/obradoiro

Temáticas e formatos ou técnicas de traballo

1. Relación de temáticas que poden abordarse no taller:

a. Modelos de masculinidade e feminidade.

b. As diferentes sexualidades e as Lgtbqi+fobias.

c. Redes sociais e ciberviolencias de xénero.

d. Profesións e actividades sen xénero.

e. Consumo e publicidade con perspectiva de xénero.

f. Identidades de xénero e orientación sexo-afectiva.

g. A imaxe persoal. Imposición de canons estéticos. A cousificación e a hipersexualización das nenas e mozas.

h. Prevención da violencia sexual. Evitando a violencia sexual a través de relacións afectivo-emocionais e sexuais sas.

i. Abordaxe da xestión emocional e a súa relación coa saúde mental, aplicando a perspectiva de xénero.

j. Abordaxe da diversidade (sexual, funcional, étnica, racial, cultural, imaxe física, identidade e orientación sexo-afectiva) e a súa relación co benestar físico e emocional, aplicando a perspectiva de xénero.

As temáticas propostas poderán variar ao longo da duración do contrato para adaptarse ás novas realidades e necesidades detectadas polos centros educativos.

2. Relación de formatos para o desenvolvemento da sesión:

a. Cómic - Ilustración

b. Publicidade - Márketing

c. Música

d. Curtas - Vídeos - Podcast

Todos os formatos se abordarán con perspectiva de xénero.

Duración

Cada obradoiro terá unha duración de 5 horas. Recoméndase a súa distribución en varias xornadas consecutivas, axustando en calquera caso a súa distribución á dispoñibilidade do centro educativo.

Metodoloxía

Participativa (individual e a través de dinámicas grupais), a través de actividades que fomenten a capacidade creativa do alumnado.

Os contidos e materiais didácticos empregados estarán axustados ao nivel educativo e curso do alumnado participante.

As actividades realizadas para o desenvolvemento do taller respectarán o formato ou técnica seleccionada polo centro educativo. Os ditos formatos implican a realización de actividades novas, actualizadas e usando as tecnoloxías da información e comunicación.

O desenvolvemento do obradoiro abordará de maneira transversal o fomento de habilidades de comunicación e empatía entre o grupo de iguais.

Procedemento de actuación

  • O centro educativo seleccionará a temática que considere máis idónea conforme á súa realidade e necesidades detectadas.
  • O centro educativo seleccionará o formato ou técnica que considere máis adecuada coa que levar a cabo de maneira práctica e creativa os contidos que desenvolvan a temática seleccionada.
  • Cada centro poderá seleccionar un máximo de dous talleres, seleccionando o nivel educativo e curso que considere máis adecuado dos que se relacionan no apartado de "persoas destinatarias".

Cando:

Dende o 08/01/2024 ata o 21/06/2024

2.º e 3.º trimestres do curso escolar 2023-2024

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023

Inscrición para os centros

Contacto:

Centro de Información ás Mulleres (CIM A Coruña)

Correo electrónico: cim@coruna.gal

Tel.: 981 184 200 ext. 67126 - 67905

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión