Concello da Coruña

Concello da Coruña

Obradoiro: xogos e historias para crecer en igualdade 2023-24

Este taller aborda diferentes contidos relacionados coa igualdade e co respecto da diversidade, aproveitando o valor simbólico do xogo, a narración e a ilustración de historias e reforzando nos e nas menores, de maneira transversal, capacidades como o autoconcepto, o autocontrol e as relacións entre iguais.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Igualdade e Diversidade

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5.º e 6.º de educación infantil. 1.º e 2.º de educación primaria

Horario:

Lectivo dos centros educativos

Obxecto:

  • Desenvolver actividades de xogo simbólico e representación de roles a través das cales abordar a construción de relacións de igualdade e respecto da diversidade.
  • Visibilizar figuras cuxo papel contribúa a crear referentes e promover a igualdade e a diversidade.
  • Sensibilizar sobre a importancia do respecto interpersoal independentemente do sexo, raza, etnia, cultura, diversidade funcional ou identidade sexual.
  • Fomentar actitudes integradoras de cooperación e respecto entre o alumnado, traballando os sentimentos, a expresión de emocións e o autocontrol.
  • Empregar recursos didácticos como a literatura infantil coeducativa para abordar a construción de valores de igualdade e na diversidade.

Condicións do programa/obradoiro

Temáticas e formatos ou técnicas de traballo

1. Relación de temáticas que poden ser abordadas no taller:

a. Roles, profesións e actividades sen estereotipos de xénero.

b. Xogos, xoguetes e disfraces, pacíficos e cooperativos. Publicidade non sexista.

c. Infancia diversa: diversidade sexual, funcional, cultural, étnica, racial, por aspecto físico. Respecto e valoración da diferenza.

d. Expresión de afecto e emocións. Relación consigo mesma/o e co grupo de iguais.

As temáticas propostas poderán variar ao longo da duración do contrato para adaptarse ás novas realidades e necesidades detectadas polos centros educativos.

2. Relación de formatos para o desenvolvemento do taller:

a. Xogos e xoguetes

b. Contos

c. Debuxo/ilustración

Todos os formatos serán abordados con perspectiva de xénero.

Duración

Cada taller terá unha duración máxima de 2 horas. Recoméndase a súa distribución en varias xornadas consecutivas no tempo que se axustarán, en calquera caso, á dispoñibilidade do centro educativo.

Metodoloxía

Participativa (individual e a través de dinámicas grupais) e lúdica.

Os contidos e materiais didácticos empregados estarán axustados ao nivel educativo e curso do alumnado participante.

As actividades realizadas para o desenvolvemento do taller respectarán o formato ou técnica seleccionada polo centro educativo. Os devanditos formatos implican a realización de actividades novas, evitando aquelas de uso cotián na aula, por exemplo colorear ou encher fichas didácticas.

O desenvolvemento do taller abordará de maneira transversal o fomento de habilidades de comunicación e empatía entre o grupo de iguais.

Procedemento de actuación polo centro educativo

  • O centro educativo seleccionará a temática que considere máis idónea conforme á súa realidade. Igualmente, escollerá o formato ou técnica coa que desenvolver os contidos que aborda a temática elixida.
  • Cada centro poderá seleccionar un máximo de dous talleres, e seleccionará o centro educativo o nivel educativo e curso que considere máis adecuado dos que se relacionan no apartado de "persoas destinatarias".

Cando:

Dende o 08/01/2024 ata o 21/06/2024

2.º e 3.º trimestres do curso escolar 2023-2024

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023

Inscrición para os centros

Contacto:

Centro de Información ás Mulleres (CIM A Coruña)

Correo electrónico: cim@coruna.gal

Tel.: 981 184 200 ext. 67126 - 67905

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión