Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Programa de acción voluntaria antenas de información xuvenil 2020-2021
Programa de acción voluntaria que consta da creación dunha rede de pequenas sucursais do Centro Municipal de Información Xuvenil, en 23 centros públicos (IES, CIFP, Escola Oficial de Idiomas, Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e o Conservatorio Profesional de Música), e nos centros concertados con ESO e bacharelato da cidade.
Localización do centro:
Só da Coruña
Servizo municipal:
Juventud
Tipo de actividade:
Outras
Titularidade do centro:
Público, Concertado
A quen vai dirixido?:
Destinatarios/as:
Persoas cun mínimo de 15 anos, cumplidos a 31-12-2020, e non máis de 30.
Persoas novas soas ou acompañadas, matriculadas no centro de estudos onde se desenvolve o programa.
Obxecto:
- Creación dunha rede de difusión de información de interese xuvenil entre centros educativos da cidade da Coruña e o Centro Municipal de Información Xuvenil
Cada Antena de información xuvenil comprende:
A información actualizada proporcionada polo CMIX e de interese xuvenil: actividades, música, deportes, cinema, bolsas, concursos, formación, etc.
Canles dixitais de interese xuvenil
E o máis importante: Unha persoa ou grupo de persoas,os/as antenas
Ofrecemos:
Recibir formación en materia de información xuvenil
Recibir gratuitamente o Carne Xove, o Carné Internacional de Estudante, e o Carné de alberguista durante o ano escolar en que está como antena de información xuvenil.
Obter un certificado que acredite a súa participación no programa
Recibir entradas a eventos organizados e programados polo Concello da Coruña (concertos, deportes, cinema, teatro, etc)
Cando:
Dende o 01/11/2020 ata o 31/05/2021
Proceso de seleción de antenas de información xuvenil: Entre os meses de outubro e novembro.
Desenvolvemento do programa: De novembro de 2020 a maio de 2021.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible