Trátase dun obradoiro de programación e robótica onde o obxectivo é adquirir formación precisa para participar no concurso. Os conceptos computacionais utilízanse para enfocar e resolver problemas reais, comunicarnos con outras persoas e xestionar múltiples aspectos da nosa vida cotiá.
De calquera concello
Educación
Outras
Público, Concertado, Privado
Alumnado dos seguintes niveis e categorías:
O centro gañador en cada unha das categorías recibirá un premio de 300 € (só un premio por centro). Ademais, outorgaráselle un premio especial ao centro mellor clasificado do Concello da Coruña.
Horario: das 09.15 ás 14.45 horas
En sesións das 09.15 ás 10.45 h; 10.35 ás 12.05 h; 11.55 ás 13.25 h; 13.15 ás 14.45 h
Gratuíto
Aprender de modo lúdico os conceptos básicos e rudimentos da programación de robótica e resolver unha pequena colección de problemas de robótica do concurso. O enfoque é ver a programación como unha habilidade que calquera pode adquirir, sen importar a idade, nin a formación previa.
Preténdese ademais que o alumnado sinta a paixón pola aprendizaxe, a de integrarse nun grupo no cal deben compartir obxectivos e realizar un traballo colaborativo para poder resolver os desafíos que se lles propón ao longo da experiencia. Ofréceselle ao alumnado a oportunidade de desenvolver a creatividade, o pensamento algorítmico e a habilidade para solucionar problemas.
Obradoiro-Exposición.
Duración: 1 hora e 30 minutos co apoio de 5 monitores/as e 15 robots lego EV3, cun sistema de programación baseado en Labview, o estándar en control.
Fase previa no centro educativo. Iniciación: Cada grupo comeza o seu percorrido cunha presentación e iniciará a familiarización coa linguaxe icónica de programación EV3 de maneira en liña vendo os dous vídeos de Igaciencia Vídeo de Robótica1 e o VideodeRobótica2.
Fase de desenvolvemento. Taller e Concurso:
Duración: 1 hora e 30 minutos co apoio de 5 monitores/as e 15 robots lego EV3, cun sistema de programamción baseado en Labview ou estándar en control.
Taller: na primeira media hora, realizarán o obradoiro interactivo, conformado por unha serie de postos cun computador e un pack Lego xa preensamblado de diversas actividades interactivas, no que realizarán os primeiros programas de forma titorizada por monitores/as e trasladaranos aos robots para que procedan a executalos e contrasten as accións realizadas coas programadas, coa finalidade de darlle vida e facer funcionar o robot.
Concurso: por último, entregaránselles unha serie de desafíos de dificultade progresiva que deben resolver en grupo mediante traballo colaborativo. As tarefas implicarán unha programación sinxela dun robot e unha adaptación a nivel construtivo.
Por cada desafío realizado correctamente, asignaráselles unha puntuación predeterminada que, unha vez sumada, determinará o seu posto na clasificación final do concurso.
Requisitos:
Preferiblemente grupos de ata 40 alumnos/as por sesión.
O alumnado debe visualizar previamente os dous vídeos citados anteriormente.
Entrega de premios
A entrega de premios será o 10 de novembro ás 17:30 horas no IES Menéndez Pidal.
1 premio por categoría: ESO e Bacharelato, e mellor centro do Concello da Coruña
Dende o 06/11/2023 ata o 10/11/2023
No IES Ramón Menéndez Pidal
Xa rematou
Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023
Os centros participantes deberán inscribirse desde o 15/09/2023 ata o 15/10/2023 na Ficha de solicitude xeral (a cubrir polo centro)
Unha vez realizada a inscrición na ficha de solicitude xeral, os centros accederán a realizar a ficha de solicitude específica na páxina de IGACIENCIA (http://www.igaciencia.eu/gl/node/391).
Prazo de inscrición a través da ficha de solicitude específica: do 2 a 27 de outubro de 2023:
IGACIENCIA
Inés Ben (secretaria@igaciencia.org)
Servizo Municipal de Educación
Tel.: 981 184 200 ext. 10231 (educacion@coruna.gal)
Monitores/as especializados/as
Rúa Mª Victoria Fdez-España y Fdez-Latorre 2. 15002 A Coruña
IGACIENCIA (https://igaciencia.eu)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible