Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Área de empleo y empresa

Cuándo:

8 de octubre de 2018

Comeza unha nova edición do Programa Formativo da OMIC “A Coruña e o Consumo” superando os niveis de participación de anos anteriores

Máis de corenta centros educativos para 7741 alumnos/as solicitaron as actividades educativas organizadas polo servizo de Consumo do Concello da Coruña.

Coa chegada do mes de outubro dende a Oficina Municipal de Información ó Consumidor/a iniciase un novo Programa de Formación en Consumo, con actividades para escolares, para persoas adultas, para colectivos e entidades sociais.

Os maiores esforzos céntranse na oferta formativa que se ofrece ós centros educativos a través do Programa Coruña Educa, que na área dos obradoiros de consumo bate récords de participación cada ano.

Para este curso 2018-19, e cando aínda quedan centros educativos por confirmar, solicitaron actividades 41 centros de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos... chegando a 7741 alumnas/os con máis de 327 actividades programadas.

Todas as actividades coordínanse co persoal docente dos centros e son levadas a cabo e dinamizadas por educadoras/es especialistas en consumo aportados pola OMIC da Coruña.

E ademais das actividades para escolares tamén se ofrece un amplo programa de actividades para adultos, tanto para realizar en colectivos, entidades ou centros cívicos, como as que se celebran con carácter mensual na propia OMIC, que están tendo unha participación media de 25 persoas por obradoiro.

En definitiva, un amplo programa de formación en consumo que se ve completado coa escola de verán, con campañas específicas, publicacións de folletos e manuais...

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?