Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de septiembre de 2018

Comeza unha nova edición do Programa Municipal de Formación en Consumo da OMIC do Concello da Coruña

Coa chegada do mes de setembro dende a Oficina Municipal de Información ó Consumidor/a inicia o curso 2018-19 do seu Programa Municipal de Formación en Consumo, que ofrece actividades para toda a cidadanía coruñesa, dende os obradoiros para escolares ata charlas e actividades para persoas adultas, para grupos organizados, centros cívicos…

Os centros educativos poden consultar o Programa Formativo no Libro Dixital da Plataforma Municipal "Coruña Educa" e deberán solicitar as actividades que lles interesen a través desa plataforma que abrirá o período de inscrición o vindeiro 12 de setembro e permanecerá aberto ata o día 30 do mesmo mes.

Para as persoas adultas programaranse dúas charlas ou actividades con carácter mensual nas propias instalacións da OMIC e que se darán a coñecer na propia páxina web da entidade.

E por último as entidades e colectivos da cidade, así como os centros cívicos tamén contan cun programa específico no que poden solicitar as actividades durante todo o ano.

Para xestionar todas as solicitudes a OMIC conta con persoal específico co que se pode contactar no teléfono 981.189.820 ou no correo electrónico omic@coruna.es.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión