Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de xullo de 2019

Diana Cabanas e Alberto Lema manteñen unha reunión sobre os programas de Emprego e Turismo

“Quixera agredecer a Alberto a súa plena disposición nesta primera semana de traballo para informarme dos proxectos e iniciativas levadas a cabo polo seu equipo. A información achegada será moi útil para nós”

A concelleira de Emprego e Turismo, Diana Cabanas mantivo esta mañá unha reunión co seu antecesor nestes departamentos, Alberto Lema, con fin de informarse dos proxectos e das inicitivas en trámite que puxo en marcha o edil da Marea Atlántica.

Cabanas agredeceu a plena disposición do ex edil de Economía e Emprego, que lle explicou pormenorizadamente os proxectos en curso nestes departamentos. "Quixera agredecer a Alberto a súa plena disposición nesta primera semana de traballo para informarme dos proxectos e iniciativas levadas a cabo polo seu equipo. A  información achegada será moi útil para nós".

Segundo a actual titular da área de Emprego e Turismo, "estas reunións son moi proveitosas e amosan a boa disposición do anterior executivo no traspaso de poderes".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión