Alumnado dos últimos cursos de ciclos superiores de FP e Ensinanzas Especiais
Programa de difusión do espírito emprendedor para a elaboración de plans de empresas coa utilización dun software de simulación empresarial.
Programa de difusión do espírito emprendedor para a elaboración de plans de empresas coa utilización dun software de simulación empresarial.
Programa de difusión e ensino do espírito empresarial ao alumnado dos últimos cursos de ciclos superiores de FP e Ensinos Especiais con apoio e asistencia ao profesorado de Empresa e Iniciativa Emprendedora. O alumnado utiliza un software de simulación empresarial para a elaboración de plans de empresa que se presentan nunha Feira de Ideas Empresariais onde se premiarán as mellores iniciativas emprendedoras a través dos Premios Formación para Emprender.
Formación teórica e práctica mediante titorías personalizadas, apoiada no persoal de plan de empresa e un simulador económico-financeiro para a elaboración de proxectos empresariais.
A formación complétase con nocións básicas en presentación pública de proxectos e a utilización de páxinas web para a súa difusión.
A ficha de inscrición de centros para participar no programa está dispoñible na web educativa municipal.
Para máis información:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible